Notas de prensa

O University Ranking by Academic Performance sitúa a USC entre as de maior e mellor produción científica

A Universidade de Santiago de Compostela é a décima das universidades españolas pola calidade e cantidade das súas publicacións científicas. Décima das universidades españolas, ocupa o posto 381 entre máis de 2.000 institucións investigadoras do mundo, según o University Ranking by Academic Performance (URAP).

A súa produción científica sitúaa no posto 168 das institucións europeas e no 381 de entre as universidades de todo o mundo. Así se desprende do último estudo publicado polo University Ranking by Academic Performance (URAP), o correspondente a 2015-2016, unha listaxe baseada “en datos obxectivos obtidos de fontes abertas de confianza”, segundo explica o propio ránking.

A partir do estudo dos datos de produción científica de 2.500 institucións investigadoras de todo o mundo, URAP aplica unha metodoloxía baseada en seis indicadores dos que os artigos publicados polas distintas institucións representan a base de análise desta clasificación. Así, para o seu desenvolvemento téñense en conta os artigos publicados en Web of Science e listados por InCites (21% da cualificación final); o número de citacións recibidas polos artigos publicados (21%); o impacto total do artigo (18%); o impacto total por citación (15%); o número total de publicación realizadas en colaboración con investigadores de universidades estranxeiras (15%); e o número total de documentos científicos editados incluíndo conference papers, revisións, cartas, artigos de revistas ou guións (10%).

O grupo de cabeza das universidades españolas con maior produción científica do mundo intégrano ademais da USC, a de Barcelona, a Autónoma de Barcelona, Valencia, Autónoma de Madrid, Complutense, Granada, País Vasco, Pompeu Fabra e Zaragoza.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, 2015-12-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

O luns 28, Día Internacional do Dereito a Saber, arranca na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Bo Goberno (CIT), que se prolongará ata o martes 29 co apoio institucional da Xunta de Galicia, o Consello de Contas e o Consello Consultivo, entre outras institucións e organismos.
137 traballos científicos elaborados por preto de 260 autores vinculados a 52 institucións académicas e de investigación de máis dunha ducia de nacionalidades. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo acollerá o 1 e 2 de outubro, o ITC’26, 18º Congreso Internacional de Turismo, un encontro académico e profesional no que se reunirá persoal investigador, docente e experto en turismo transfronteirizo procedente de catro continentes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES