
O Concello de Ourense e a Deputación provincial pecharon un acordo de colaboración para a posta en marcha das iniciativas a desenvolver no marco da estratexia de desenvolvemento urbano sostible na provincia de Ourense, Estratexia Conecta Ourense. As conversas para a realización deste proxecto comezaron xa cos anteriores mandatarios municipais de Ourense. O acordo pechado entre ambas institucións terá que ser ratificado nos órganos competentes de cada unha delas no caso do Concello, a través da súa Xunta de Goberno Local-.
Tanto o alcalde de Ourense, Jesús Vazquez, coma o presidente da Deputación, Manuel Baltar, deixaron patente no encontro que ambas institucións teñen obxectivos comúns e / ou complementarios nas áreas obxecto de intervención e que, polo tanto, a colaboración institucional permitirá aproveitar ao máximo as súas potencialidades. Tamén fundamentaron o interese positivo que ten a unión e coordinación de ambas institucións, a fin de sumar esforzos para establecer camiños de actuación que favorezan e incrementen o beneficio mutuo.
A estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado impulsada polo Concello de Ourense e pola Deputación de Ourense aposta polo concepto de conexión e ten como principal obxectivo crear e reforzar vínculos entre a capital e os municipios que a rodean co fin de articular un espazo metropolitano máis dinámico e mellor articulado que impulse o crecemento social e económico do conxunto da provincia.
Trátase de abordar os problemas urbanos do espazo metropolitano da cidade de Ourense relacionados, fundamentalmente, coa ausencia dunha verdadeira malla urbana que permita unha comunicación fluída tanto no interior da cidade como entre esta e a súa contorna.
Neste sentido, a Estratexia Conecta Ourense (ECOU) ten como obxectivo principal contribuír á creación dun espazo metropolitano en torno á cidade de Ourense co fin de xerar un espazo de crecemento e desenvolvemento con impacto provincial.
Para logralo, a Estratexia ECOU parte do desenvolvemento da conexión da cidade e a súa contorna en tres dimensións:
Conexión física: Cidade conectada internamente e cidade conectada coa súa contorna. Mobilidade interna para articular unha cidade cohesionada onde se eliminen barreiras entre os barrios, así como conexión entre a capital e os municipios da súa contorna.
Conexión virtual: Cidade conectada internamente e cos municipios da súa área metropolitana mediante redes, proxectos e ferramentas tecnolóxicas.
Conexión económica e social: Cidade conectada coa súa contorna e, por extensión, coa provincia a partir de iniciativas e proxectos de desenvolvemento económico e empresarial, así como de índole social.
No seu conxunto, a Estratexia ECOU ten o seu foco na conectividade do espazo metropolitano de Ourense, polo que se pon o acento nos temas relacionados con mobilidade sostible, redes baseadas en novas tecnoloxías da información e espazos comúns que permitan compartir servizos públicos ou iniciativas que impulsen o desenvolvemento económico e social do espazo metropolitano.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.