
O deseño de Teresa Xiaoyu Aboal impúxose por unanimidade como gañador do terceiro concurso de postais de Nadal da Fundación USC Deportiva e constituirá a imaxe central da Fundación para estas datas. O xurado deste certame outorgou tamén unha mención especial á proposta presentada por Inés Precedo Vázquez. A gañadora do concurso obtén como premio unha praza no Verán CampUSC 2016 e un vale para canxear por material deportivo.
Esta convocatoria estaba aberta a nenos e nenas nacidos entre 2003 e 2012 que debían presentar deseños que unisen o Nadal e o deporte. O xurado valorou a calidade dos traballos tendo en conta a idade dos/as nenos/as, a imaxinación, a orixinalidade e a súa relación coa temática proposta. Conformaron este tribunal o director do Departamento de Historia da Arte, Enrique Fernández Castiñeiras, como experto en arte; Eva Aguayo Lorenzo, en representación da Oficina de Igualdade de Xénero da USC; David Chao Castro, da Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social; Rocio Bulnes Fraga, da Fundación USC Deportiva; e o xerente da mesma Fundación, Óscar Hermida Otero.
En termos cuantitativos, a proposta presenta un incremento de 5,42 millóns respecto da proposta de liñas xerais de orzamento presentadas ao Claustro. O incremento débese á recepción, con posterioridade ao debate no Claustro, do convenio coa Xunta para a determinación do financiamento da USC no marco do Plan Galego de Financiamento Universitario 2016-2020, que modificou á alza as previsións de recursos afectados, así como á notificación dunha nova axuda do Ministerio de Economía e Competitividade e outros axustes derivados do debate no Claustro.
Este será o segundo orzamento da USC que aplica o Plan Económico-Financeiro de Reequilibrio, necesario para absorber o déficit acumulado pola institución e asegurar, dentro do equilibrio orzamento esixido pola lexislación vixente, a súa capacidade para reintegrar a débeda a longo prazo asumida co Estado e coas entidades bancarias derivadas das súas políticas de investimento, se explica no documento aprobado. Ademais, o exercicio de 2016 será o primeiro incluído no Plan Galego de Financiamento Universitario (2016-2020).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.