O salón de plenos do Concello de Ourense acollerá, o 14 de xaneiro, unha das xornadas do II Simposio Internacional 'Welcoming Network for Migrant's Rights and European Citizenship', dentro do proxecto europeo Welcome impulsado pola localidade italiana de Taormina e do que as cidades de A Baña, organizadora do simposio, e Ourense, son participantes. Serán preto de 70 os relatores que se acheguen á nosa cidade, 57 deles de países como Italia, Malta, Francia, Chipre, Bulgaria ou Eslovaquia, unha oportunidade única para dar a coñecer as potencialidades de Ourense no marco dun encontro europeo.
'From clandestine to citizens of the European Union' é o nome da conferencia que terá lugar en Ourense, e tratará os dereitos dos inmigrantes que chegan ao espazo europeo. O relatorio desenvolverase de 9:00 a 12:30 horas, coa moderación de Fernando Rodríguez Castro e as intervencións de 8 expertos de diferentes entidades locais e institucións europeas. Logo do debate, os expertos terán a oportunidade de degustar a gastronomía local e, durante o resto da tarde, poderán coñecer diferentes lugares da cidade, especialmente da parte histórica e artística.
O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, reuniuse esta mañá co seu homólogo de A Baña, José Andrés García Cardeso, así como co responsable de programas europeos da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, José Manuel Neira, para pechar os detalles organizativos do encontro. A reunión serviu, ademais, para estreitar lazos entre ambos concellos e interesarse polas actividades de apoio aos dereitos dos inmigrantes, un tema no que a Concellería de Servizos Sociais do Concello de Ourense está a realizar un intenso traballo a través de diferentes programas de acollida e de apoio.
O proxecto Welcome, un dos 23 que anualmente reciben o apoio da Comisión Europea, celebra este simposio do 12 ao 16 de xaneiro en tres cidades galegas: Santiago de Compostela, Ourense e A Baña.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.