Lembra Ana Miranda que na tarde desa data, o buque petroleiro Front Serenade, estivo durante varias horas á deriva polo Dispositivo de Separación de Tráfico de Fisterra. En concreto, aproximouse a unhas 14,5 millas dos baixos de Os Meixidos, fronte ao faro de Lariño en Carnota. O Front Serenade é un superpetroleiro de 330 metros de eslora que transportaba 300.000 toneladas de crudo.
Explica a portavoz do BNG en Europa que o petroleiro, con bandeira de Liberia, dirixíase cara o porto de Róterdam (Holanda) e viña de Sidi Kerir (Exipto).
Unha asistencia moi tardía
Ana Mirana subliña que as autoridades españolas de Salvamento Marítimo tardaron varias horas en dispór do remolcador Don Inda para auxiliar o barco. A pesar de atoparse moi próximo, sobre as 16 horas o barco tomou rumbo á costa. E non foi até as 19 horas cando o remolcador, con base no porto de Brens, saiu no seu auxilio e chegou ás 21 horas ao lugar do Front Serenade.
Miranda critica a tardanza das autoridades do estado español na asistencia. Asemade, denuncia que se permitise que o buque tomase rumbo cara o abrigo do Cabo Fisterra, entrando precisamente pola rota máis perigosa, a zona dos Baixos de Meixide. Manobra que puido pór en serio risco á poboación da comarca de Fisterra, ademáis de que se trata dunha zona de alto valor ecolóxico por estar incluida na Rede Natura 2000.
Neste sentido, a portavoz do BNG en Europa trae á memoria a grave catástrofe do Prestige, lembrando que non se incrementaron os medios destinados ao salvamento desde o sinistro, tal e como o BNG demandou en numerosas ocasións. Miranda pón de manifestó que este tipo de incidentes son habituais fronte ao Corredor de Fisterra, por ser o principal lugar de reguxio natural desta zona do Atlántico. Reprocha ao Goberno español que se negue a habilitar unha base loxística anticontaminación, e que se conte só cun remolcador.
Ademáis, de ter pechado o heliporto de Salvamento Marítimo máis próximo ao Corredor.
A portavoz do BNG en Europa interpela á Comisión Europea sobre unha serie de cuestións referidas a este tema para saber se coñece o sucedido co Front Serenade. Sabe que existiu un alto risco de accidente? Vai interesarse perante o Goberno español de por que razón se tardou tanto na asistencia ao superpetroleiro, cando había un remolcador perto? Considera a Comisión que o lugar refuxio da ensenada do Cabo Fisterra debe contar coa necesaria dotación dunha Base Loxística Anticontaminación?
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.