//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias sociedad
O D.O.G. ven de publicar a primeira liña de apoio técnico e económico aos concellos para que elaboren plans de emerxencia fronte á seca que permitan garantir o abastecemento de auga á poboación. Con esa medida quérese fomentar a prevención e a anticipación, tendo en conta que ningún municipio galego conta cun plan deste tipo e que o episodio de seca de 2017 evidenciou a vulnerabilidade dos sistemas de abastecemento.
A Xunta pon a disposición dos concellos máís pequenos un orzamento de 6,4 millóns de euros para financiar, a través de préstamos sen xuros, actuacións de rehabilitación e rexeneración urbanas, así como a adquisición de inmobles para a súa posterior rehabilitación.
O prazo de presentación de solicitudes rematará o 1 de outubro de 2019 ou no momento que se esgote o crédito orzamentario. A correspondente disposición ven de ser publicada no Diario Oficial de Galicia.
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, recibiu á directora xeral de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social, Pilar Aparicio e á directora da Axencia Española de Consumo, Seguridade Alimentaria e Nutrición (Aecosan), Marta García, con motivo da xuntanza da Comisión institucional de Asan celebrada en Santiago.[FOTO]
Neste encontro aprobáronse varios documentos técnicos para harmonizar a aplicación de determinados criterios nos controis oficiais en todas as comunidades autónomas, como os relacionados coa cadea de produción do atún conxelado ou a prevención do anisakis entre outros.
A convocatoria aberta de proxectos O Teu Xacobeo impulsará 352 iniciativas de dinamización en máis dun cento de concellos de toda Galicia. O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e a comisaria do Xacobeo 21, Cecilia Pereira, anunciaron a resolución deste proxecto que conta cun investimento de 4,7 millóns de euros por parte da Xunta e permitirá mobilizar preto de nove millóns de euros en todo Galicia, ao longo deste 2019 e ata abril do 2020.
Un texto do noso colaborador Armando Requeixo, publicado en Galicia Digital o 8 de febreiro de 2019, formou parte do temario das recentes probas de selectividade, como opción B de Lingua Galega e Literatura II. Nel, refírese á obra de Sinclair Lewis (1885.1951), "It Can't Happen Here" ("Iso non pode pasar aquí"). Para Galicia Digital foi sorpresa grata atopar no temario da Selectividade esta referencia á publicación en "Opinion" do artigo do escritor e profesor Armando Requeixo, que evidencia o seu bo facer no mundo da literatura e do comentario de actualidade.
A Rede Galega de Música ao Vivo, que conta actualmente con 20 salas de 14 localidades, achégalle ao público unha oferta de 199 concertos de 54 solistas e grupos, maioritariamente galegos. A súa actividade anual súmase á doutros tres circuítos de espectáculos (Rede Galega de Teatros e Auditorios, Rede Galega de Salas e Cultura no Camiño) no sentido de favorecer a circulación dos espectáculos escénicos e musicais producidos en Galicia, ademais de lle achegar á cidadanía unha oferta cultural ampla, descentralizada, plural e aberta. Os carteis ofrecidos por estes locais reflicten unha gran variedade de estilos, que van do rock e pop ao jazz, pasando pola canción de autor, o folk ou o punk.
Trátase do primeiro compendio publicado na nosa comunidade que contén exclusivamente datos estatísticos forestais. A elaboración deste anuario responde ao establecido pola normativa, xa que a propia Lei de montes de Galicia dedica un artigo enteiramente á estatística forestal. O grupo de traballo para a revisión do Plan Forestal de Galicia, creado no seo do Consello Forestal, estableceu unhas directrices ao respecto da importancia de dispor de estatísticas e información fiable e actualizada sobre a realidade do monte galego. O Anuario inclúe información completa e detallada sobre a estrutura da propiedade forestal, así como sobre a ordenación e xestión forestal, repoboacións, tratamentos silvícolas, loita biolóxica contra diferentes doenzas e pragas e producións forestais.
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, o conselleiro do Medio Rural, José González, e o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, presidiron a constitución do novo Comité Integrado de Prevención de Incendios de Galicia (CIPIG) para este ano 2019. Este órgano estará operativo desde o 1 de xullo ata o vindeiro 30 de setembro, período establecido como época de alto risco de incendios forestais. Este comité ten como finalidade coordinar as actuacións da Xunta e do Goberno central en materia de prevención e loita contra os incendios forestais na Comunidade Autónoma de Galicia, co fin de sumar sinerxías e minimizar os danos ocasionados por esta lacra que afecta ao noso patrimonio forestal.
O achado dun vaso cerámico parcialmente conservado durante as escavacións de Cova Eirós (Triacastela, Lugo) permite achegar novos datos sobre o proceso de Neolitización da Fachada Atlántica e de Galicia en particular, tal e como reflicte un estudo recentemente publicado na revista Trabajos de Prehistoria. Tanto pola súa forma de botella como pola súa profusa decoración (realizada coa impresión dunha cuncha de berberecho, Cerastoderma edule), o recipiente lembra claramente a cerámica cardial, tan característica do rexistro arqueolóxico entre os primeiros grupos neolíticos do sur da Península Ibérica. As actuacións que levan desenvolvéndose desde o ano 2008 permitiron descubrir pinturas e gravados dun valor único e excepcional en Galicia.
As Torres Hejduk da Cidade da Cultura de Galicia acollen desde hoxe ata o 18 de agosto Plástico a mareas, unha instalación artística de María José Arceo para alertar da alta contaminación que producen estes refugallos na contorna natural. María José Arceo realizou a intervención a partir de refugallos deste material recollidos da costa galega e do río Sar en Compostela, a súa cidade natal, aínda que vive desde 1984 en Londres. Deste xeito, a artista desprazouse durante o mes de maio a Galicia para realizar limpezas en praias, de xeito individual ou con colectivos, como un de persoas con discapacidade intelectual que asistiron hoxe á inauguración.
A directora xeral de Comercio e a xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño realizaron unha visita de traballo xunto co alcalde da localidade ao conxunto histórico-artístico dos Pendellos, que acollerá o evento. O Encontro, que se celebrará do 8 ao 10 de xullo, contará coa participación de 44 obradoiros que representan a ampla variedade de oficios do sector artesán galego, así como con 49 postos de produtos alimentarios de calidade.
Na conferencia Digital Festival 2016 organizada en Bruxelas polo Forum Europe, o comisario europeo de Educación, Cultura e Deportes, Tibor Navracsics, mencionou o proxecto educativo ICT-Go-Girls! no que colabora a USC como un exemplo destacado no fomento das vocacións tecnolóxicas entre as chicas.
Santiago de Compostela celebra a noite de San Xoán con numerosas cacharelas públicas e privadas en todo termo municipal. O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia deu conta das autorizacións tramitadas, nunha rolda de prensa na que o xefe dos Bombeiros lembrou a importancia de cumprir as normas de seguridade.
Un verán máis, a Fundación USC Deportiva e a Cidade da Cultura organizan conxuntamente o roteiro Camiño ao Gaiás co obxecto de achegar, cada xoves entre xullo e setembro, á sociedade compostelá e aos seus visitantes os distintos espazos dese centro cultural e a súa contorna, promocionando un estilo de vida saudable.
A Music Show Along History, está dirixida polo profesor de música do centro, Rodrigo Vázquez García. É un conxunto de flautas que interpreta unha serie de composicións que proporcionan aos espectadores un panorama sonoro e visual da historia da música.
Segundo unha análise realizada por Reuters, que inclúe outras nove universidades españolas entre 600 institucións analizadas, a Universidade de Santiago de Compostela (USC) figura entre as máis innovadoras de Europa polo nivel de publicacións científicas entre 2009 e 2014 e indexadas en Web of Science. A USC é a quinta no ranking español destas 10 universidades seleccionadas.
Trátase dunha das actividades enmarcadas no programa conmemorativo do 50º aniversario e organizouse tamén con motivo do Arde Lvcvs.
Continúa o programa de actividades conmemorativas do 50º aniversario de Aspnais.
O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, visitou en Pereiro de Aguiar as instalacións da sociedade cooperativa de ensinanza Guillelme Brown, que está formada por un total de 12 socios e é un dos poucos colexios de Galicia que ao mesmo tempo é unha cooperativa.
As conselleiras de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, e de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, asinaron coa ministra de Fomento en funcións, Ana Pastor, e o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, o convenio que garante a execución da estación intermodal da capital de Galicia.