Notas de prensa

Regresa o roteiro Camiño ao Gaiás, da Universidade de Santiago (USC), entre xullo e setembro de 2016

Un verán máis, a Fundación USC Deportiva e a Cidade da Cultura organizan conxuntamente o roteiro Camiño ao Gaiás co obxecto de achegar, cada xoves entre xullo e setembro, á sociedade compostelá e aos seus visitantes os distintos espazos dese centro cultural e a súa contorna, promocionando un estilo de vida saudable.

O percorrido, duns cinco quilómetros, terá lugar nas tardes de todos os xoves de xullo e agosto e os dous primeiros de setembro.

Nesta ocasión farase unha variación no final e no comezo do percorrido con respecto ao ano pasado. Partirase da Oficina de Turismo de Santiago, na rúa do Vilar, para seguir pola rúa Nova, Caldereiría e a Facultade de Xeografía e Historia. Collendo a rúa das Ameas chegarase ao Mercado de Abastos para logo baixar á rúa da Virxe da Cerca. Súbese despois pola rúa de San Pedro ata chegar á súa igrexa e dende aí báixase ao parque de Belvís. Tras percorrelo, polas rúas do Olvido e Sar, chégase á colexiata de Santa María. Só resta acadar a rúa de Diego Bernal para entrar no Bosque de Galicia que chega á Cidade da Cultura.

A actividade está pensada para calquera persoa interesada, aínda que non se recomenda para menores de 10 anos. As persoas inscritas terán ademais a oportunidade de facer unha visita guiada á exposición ‘Con-Fío en Galicia’, no Museo Centro Gaiás.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2016-06-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

O luns 28, Día Internacional do Dereito a Saber, arranca na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Bo Goberno (CIT), que se prolongará ata o martes 29 co apoio institucional da Xunta de Galicia, o Consello de Contas e o Consello Consultivo, entre outras institucións e organismos.
137 traballos científicos elaborados por preto de 260 autores vinculados a 52 institucións académicas e de investigación de máis dunha ducia de nacionalidades. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo acollerá o 1 e 2 de outubro, o ITC’26, 18º Congreso Internacional de Turismo, un encontro académico e profesional no que se reunirá persoal investigador, docente e experto en turismo transfronteirizo procedente de catro continentes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES