
A Universidade de Santiago é unha das cen universidades europeas máis innovadoras, segundo a listaxe elaborada por Reuters News logo da análise de 600 institucións que teñen publicado o maior número de artigos en publicacións científicas entre 2009 e 2014 e indexadas en Web of Science. Nesta clasificación inclúense dez institucións universitarias españolas, coa USC no quinto posto das de España tras as universidades de Barcelona, Politécnica de Cataluña, Autónoma de Barcelona e Politécnica de Valencia. A clasificación das españolas complétana, por orde, Valencia, Sevilla, Politécnica de Madrid, Complutense de Madrid e Granada.
Do grupo inicial de institucións candidatas, os responsables do traballo de avaliación reduciron a lista tomando en consideración aquelas con 50 ou máis patentes, a maioría delas universidades. Para a ordenación final, aplicáronse diversos indicadores, incluíndo a frecuencia coa que se lle concede solicitudes de patente a unha universidade, o número de patentes rexistradas polos servizos mundiais e as autoridades locais e a frecuencia con que foron citadas estas patentes. No caso das universidades avaliadas tomouse en consideración a frecuencia coa que os seus traballos foron citados polas patentes así como a porcentaxe de artigos que inclúen como co autores representantes da industria.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.