
ICT-Go-Girls! Promoting Entrepreneurship Among Secondary School Girls through ICT é un innovador proxecto Comenius Multilateral dirixido pola área de e-learning do CESGA e no que participou o Grupo de Investigación en Tecnoloxía Educativa da USC xunto con outras cinco institucións europeas: Die Berater e Universidade do Danubio (Austria), Fraunhoffer IAO (Alemaña), Spoleczna Akademia Nauk (Polonia), e CVO Antwerpen (Bélgica).
O equipo da USC liderado polas profesoras Beatriz Cebreiro e Carmen F. Morante desenvolveu unha metodoloxía educativa para levar a cabo nas aulas dos primeiros anos de educación secundaria que permite traballar de xeito máis motivador as TIC e lograr un maior interese e coñecemento na elección de carreiras tecnolóxicas por parte das alumnas de secundaria. Como ferramenta fundamental para o desenvolvemento desta metodoloxía, o CESGA deseñou e implementou unha contorna virtual social baseado en software libre a través da cal se testou a proposta. Ambos recursos están dispoñibles no web do proxecto.
A USC e o Cesga continúan promocionando e participando en accións para motivar a elección de carreiras tecnolóxicas entre as máis novas. Entre outras actividades figura a organización anual do evento Girls in ICT en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade e o CPEIG ou a recente proposta Unha enxeñeira ou científica en cada cole en colaboración co Concello de Santiago.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.