
A Banda do Instituto de Monterroso, con motivo do cincuentenario desta Asociación lucense, actuaba en Aspnais. A Music Show Along History, está dirixida polo profesor de música do centro, Rodrigo Vázquez García. É un conxunto de flautas que interpreta unha serie de composicións que proporcionan aos espectadores un panorama sonoro e visual da historia da música.
Na orixinal montaxe que alumnos e profesor ofrecen ao público figura unha máquina do tempo, da que saen personaxes ataviados segundo a época da música de que se trate... e nunha pantalla van aparecendo nomes e circunstancias, figuras e datos que achegan ao espectador a tempos e estilos, ofrecendo un espectáculo singular, pedagóxico e atractivo, que introduce aos que o contemplan nun especial mundo musical.
Ao remate do concerto, ao que asistiron arredor dun cento de usuarios de Aspnais, a xerente da entidade, Mónica Seijas, entregou ao director da agrupación, Rodrigo Vázquez García, o agasallo conmemorativo do cincuentenario da institución.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.