Actualidad de Sociedad

Noticias sociedad

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 2.703, deles 635 son da área da Coruña, 161 da de Lugo, 407 da de Ourense, 142 da de Pontevedra, 725 da área de Vigo, 525 da de Santiago, e 108 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 25 permanecen en UCI, 180 están en unidades de hospitalización e 2.498 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 7.347 persoas curadas, rexistrándose 592 falecementos. O número de PCR realizadas é de 114.836.
A Consellería de Sanidade está a traballar na segunda onda que completará o estudo autonómico de seroprevalencia da Covid-19, coa que definirá con maior nitidez o mapa epidemiolóxico de Galicia. O Instituto Galego de Estatística comezará a analizar a vindeira semana os resultados das 50.925 probas realizadas na primeira fase. Unhas probas, para as que se precisou contactar con 61.836 persoas, e así rematar coa primeira onda. Respecto do estudo que o Ministerio de Sanidade está a desenvolver a nivel nacional, en Galicia participaron un total de 6.790 persoas, até o de agora. Despois de dar por finalizada a primeira fase do estudo epidemiolóxico iniciado o pasado 23 de abril, Sanidade xa prepara outras 50.925 probas de seroprevalencia, e así poder analizar como foi a circulación do virus Sars-Cov-2 na comunidade.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 2.758, deles 650 son da área da Coruña, 166 da de Lugo, 426 da de Ourense, 147 da de Pontevedra, 754 da área de Vigo, 500 da de Santiago, e 115 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 24 permanecen en UCI, 183 están en unidades de hospitalización e 2.551 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 7.225 persoas curadas, rexistrándose 591 falecementos. O número de PCR realizadas é de 113.167.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe, na rolda de prensa do Consello, o Plan de reactivación asistencial da Atención Primaria que optimizará o funcionamento dos centros de saúde e garantirá a seguridade dos profesionais e dos doentes. Logo de recordar que a Atención Primaria xogará un papel moi relevante na detección precoz de novos casos e na paulatina volta á normalidade, Feijóo subliñou que esta folla de ruta foi elaborada en colaboración cos diferentes colexios profesionais, sociedades científicas e asociacións do eido sanitario; e foi tamén validada polo Comité Clínico do Servizo Galego de Saúde. En concreto, está estruturada en varias fases que se desenvolverán dun xeito progresivo, desde o momento actual ata o mes de xuño.
A Consellería de Sanidade vén de rematar a primeira parte do seu estudo autonómico de seroprevalencia, iniciado o pasado 23 de abril, que con carácter autonómico analiza a circulación do virus SARS-Cov2 dentro da poboación galega en todo o territorio. Galicia foi a primeira comunidade autónoma en iniciar un estudo de seroprevalencia poboacional dentro do Estado. Os resultados analizaranse nos vindeiros días polo Instituto Galego de Estatística para a obtención da información precisa por áreas territoriais e grandes núcleos poboacionais. Cómpre remarcar que o total de persoas contactadas para a realización do test foi de 61.836 nesta primeira oleada, para obter as 50.925 persoas establecidas na mostra inicial coa finalidade de cumprir cos obxectivos do estudo.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 2.727, deles 655 son da área da Coruña, 167 da de Lugo, 432 da de Ourense, 142 da de Pontevedra, 743 da área de Vigo, 470 da de Santiago, e 118 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 26 permanecen en UCI, 196 están en unidades de hospitalización e 2.505 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 7.138 persoas curadas, rexistrándose 588 falecementos. O número de PCR realizadas é de 111.600.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 2.747, deles 643 son da área da Coruña, 170 da de Lugo, 450 da de Ourense, 151 da de Pontevedra, 761 da área de Vigo, 448 da de Santiago, e 124 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 28 permanecen en UCI, 205 están en unidades de hospitalización e 2.514 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 6.959 persoas curadas, rexistrándose 586 falecementos. O número de PCR realizadas é de 109.896.
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña informou hoxe, en comparecencia pública telemática ante os medios de comunicación, da proposta que o seu departamento trasladou ao Ministerio de Sanidade para pasar á fase 1 do Plan para a totalidade do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, ao entender que se cumpren os requisitos establecidos recollendo, tamén, unha proposta de modelo de unidade territorial que pretende conxugar o menor conflito posible entre a protección da saúde e os dereitos fundamentais da cidadanía. Para o representante do Goberno galego, durante a aplicación do Plan de transición debe permitirse a mobilidade das galegas e galegos dentro da nosa comunidade, sempre que as súas áreas sanitarias se atopen na mesma fase.
O teléfono de atención e información 012 atendeu dende o inicio do estado de alarma, concretamente dende o 16 de marzo, máis de 70.000 chamadas, das que un 70% -unhas 49.500- se produciron nas liñas directamente relacionadas coa atención de consultas non sanitarias de particulares e empresas relacionadas co coronavirus COVID-19. Un incremento de máis dun 44% en chamadas con respecto ao mesmo período do ano pasado. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a directora de Avaliación e Reforma Administrativa, Natalia Prieto, visitaron esta mañá as instalacións do servizo, onde en primeiro lugar, o vicepresidente agradeceu o labor dos xestores telefónicos durante estes días, nos que atenderon unha media de 1.000 chamadas diarias con dúbidas relacionadas co coronavirus.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 2.808, deles 658 son da área da Coruña, 166 da de Lugo, 462 da de Ourense, 160 da de Pontevedra, 781 da área de Vigo, 455 da de Santiago, e 126 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 30 permanecen en UCI, 206 están en unidades de hospitalización e 2.572 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 6.802 persoas curadas, rexistrándose 582 falecementos. O número de PCR realizadas é de 107.957.
| 118,2  de  387 | Siguiente »

Notas sociedad

Rosa María Calaf e José Luis Rodríguez-Arias Palomo participan na Xornada Información e Sufrimento Humano Informa_Dor que se celebra o martes 3 de outubro no Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación en Santiago de Compostela a partir das 10:00 horas. Na xornada, organizada polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, presentaranse tamén as Recomendacións profesionais sobre información e sufrimento humano redactadas polos dous órganos colexiais.
Se trata de encuentros dirigidos a jóvenes y a todos los agentes implicados con la juventud en los que podrán intercambiar ideas y realizar propuestas para añadir la este Plan. Se celebrarán los días 20 y 27 de octubre en Lugo, Ourense, Coruña y Vigo.
O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Luis Álvarez, presentou unha pregunta en Comisión sobre este programa escasamente ambicioso, sen avaliación de resultados e que apenas foi secundado polos centros educativos, o que fai pensar nun “fracaso absoluto” neste programa do goberno galego do PPdeG.
Quedamos na casa! é o nome dunha iniciativa impulsada pola Área de Cultura da USC que, xa por segundo ano consecutivo, busca dar visibilidade a todas as actividades e servizos que á súa comunidade. O edificio a “ocupar” é un dos máis singulares do patrimonio da universidade: a Casa de Europa.
Os gañadores nas catro categorías na edición deste 2017 son o Concello de Melide, a Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, a Asociación de Amigos do Camiño de Santiago de Lugo, a empresa Ideas Peregrinas de Tui, a iniciativa ‘Spin Way’ da RedEmprendia, a Cátedra do Camiño de Santiago da Universidade de Torun (Polonia) e o Colexio A Merced de Sarria.
O grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade estivo presente na Feira JATA 2017, celebrada en Tokio (Xapón) do 21 ao 24 de setembro. Esta é a feira de turismo máis importante do país nipón. Santiago de Compostela puido promocionarse xunto co resto de Cidades Patrimonio dentro do stand de Turespaña.
O PSdeG urxe á modificación da Lomce priorizando o ensino público sobre o concertado e devolvéndolle competencias aos claustros de profesores. Os socialistas presentaron esta proposta en todo o Estado logo de evidenciar que o Goberno quere dilatar as conversas do pacto educativo ata as eleccións.
A Universidade de Santiago recibiu aos estudantes estranxeiros que cursarán aquí estudos, procedentes de todas as partes do mundo. O perfil internacional da USC fortalécese cada ano coa chegada de alumnado estranxeiro grazas aos distintos programas de mobilidade nos que participa.
A Xunta indica que a declaración como BIC comezará co obxectivo de que despois da exposición pública e as alegacións, se poida aprobar definitivamente a finais de 2018, con 3 valores que reúne a Ribeira Sacra para ser BIC: valores naturais, culturais e mixtos da interacción do ser humano coa natureza.
Turismo de Santiago participa con dous mostradores na Tourismo Expo Japan 2017, a mostra de turismo máis importante de Xapón, que se celebra ente o 21 e o 24 de setembro en Tokio. O primeiro mostrador sitúase no stand de Turespaña, no pavillón de Europa. O segundo ubícase no pavillón xaponés, no stand da prefectura de Wakayama.


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES