Noticias

Sanidade prepara a segunda onda de tests de seroroprevalencia coa que completará o estudo autonómico da Covid-19

A Consellería de Sanidade está a traballar na segunda onda que completará o estudo autonómico de seroprevalencia da Covid-19, coa que definirá con maior nitidez o mapa epidemiolóxico de Galicia. O Instituto Galego de Estatística comezará a analizar a vindeira semana os resultados das 50.925 probas realizadas na primeira fase. Unhas probas, para as que se precisou contactar con 61.836 persoas, e así rematar coa primeira onda. Respecto do estudo que o Ministerio de Sanidade está a desenvolver a nivel nacional, en Galicia participaron un total de 6.790 persoas, até o de agora. Despois de dar por finalizada a primeira fase do estudo epidemiolóxico iniciado o pasado 23 de abril, Sanidade xa prepara outras 50.925 probas de seroprevalencia, e así poder analizar como foi a circulación do virus Sars-Cov-2 na comunidade.

Con esta segunda fase, o departamento sanitario galego avanza na procura do triple obxectivo que se marcou no momento de comezar a análise autonómica, á hora de coñecer que incidencia tivo a Covid-19, de acordo ás variables de sexo, idade e territorio. Mediante esta nova recollida de información, o Sergas poderá afondar na monitorización e máis na evolución do coronavirus en Galicia, unhas accións que lle permitirán adoptar as medidas sanitarias máis axeitadas para combatela pandemia.

Máis de 61.836 persoas contactadas na primeira fase do estudo/

Para acadar as 50.925 mostras definidas na primeira das fases do estudo precisouse contactar con 61.836 persoas. Así, e atendendo ás diferentes variables, o número de mulleres da mostra supón o 49,19% e o dos homes o 50,81%. No que se refire á idade, os menores de 19 anos son o 15,84%; entre os 20 e os 64 anos son o 58,59%, e os maiores de 65 anos on o 25,28% do total.

Test avalados

Os test de anticorpos totais utilizado para este traballo teñen o aval do Centro Nacional de Microbioloxia e do Instituto de Saúde Carlos III do Ministerio de Sanidade. Ademais, a Organización Mundial da Saúde recomenda este tipo de test rápidos so para estudos poboacionais e, en xeral, os descartan para o diagnóstico, coincidindo coa conclusión da Comisión de Expertos da Xunta de Galicia do pasado 8 de abril.

Remarcar que estes test de anticorpos totais dispoñen do marcado CE (requerimento de homologación europeo); obtendo un valor de sensibilidade do 64% cando non se coñece a data de inicio e aumentando a un 80% a partir dos 7 días do comezo da infección; e unha especificidade do 100%.

Subliñar, así mesmo, que a avaliación interna dos test realizada polo Sergas co obxectivo de confirmar os datos de validez dos mesmos (análise de sensibilidade e especificidade), son concordantes cos obtidos polo Instituto de Saúde Carlos III.

A Consellería de Sanidade agradece a colaboración tanto da poboación como dos profesionais que, nestas últimas dúas semanas, colaboraron na realización deste estudo que é fundamental para coñecer a circulación do virus en Galicia.

R., 2020-05-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES