Notas de prensa

O PSdeG di que a modificación da Lomce permitirá priorizar o ensino público sobre o concertado

O PSdeG urxe á modificación da Lomce priorizando o ensino público sobre o concertado e devolvéndolle competencias aos claustros de profesores. Os socialistas presentaron esta proposta en todo o Estado logo de evidenciar que o Goberno quere dilatar as conversas do pacto educativo ata as eleccións.

“Pacto educativo si, inmobilismo non”, así resumiu Ãlvarez as demandas do Grupo Socialista fronte á intención do goberno central de desenvolver este pacto “sen celeridade nin firmeza”. Adiantou que esta proposta sairá adiante no Congreso porque o PP carece de apoios suficientes para impedila e non poderá vetala na Mesa con “argucias técnicas” como fixo coa transferencia da AP-9 porque non supón modificacións orzamentarias.

O portavoz socialista reclamou así a modificación da Lomce para que a programación da rede de centros priorice á rede pública sobre a concertada, acabando co axioma introducido por aquela Lei de que as escolas concertadas se incluían “a demanda” dos pais. Sinalou que “o que da cobertura educativa universal é a rede pública, e como tal debe ser priorizada con respecto da concertada”.

Claustros e directores

Ademais, reclamou que os claustros de profesores recuperen moitas das competencias que lles foron retiradas a favor dos directores, volvendo ademais á designación daqueles por unha maioría de representantes da comunidade escolar do centro. Coa Lomce, os directores son seleccionados nunha comisión na que a maior representación lle corresponde á administración, limitando a tan só entre un 30 e un 50 por cento de representantes dos centros.

Estes directores, ademais, ostentaban a autoridade exclusiva de elaborar os proxectos e normas, as programacións anuais, as decisións sobre a admisión de alumnos e sobre os recursos complementarios. Os socialistas reivindican que estas competencias volvan aos claustros e que ademais os directores sexan escollidos nun mínimo de 66 por cento de votos de membros da comunidade escolar.

Gabinete de Comunicación do PSdeG, 2017-09-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES