Noticias

Sanidade traslada ao Ministerio a proposta para que Galicia pase á fase I e se flexibilice a mobilidade en todo o territorio

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña informou hoxe, en comparecencia pública telemática ante os medios de comunicación, da proposta que o seu departamento trasladou ao Ministerio de Sanidade para pasar á fase 1 do Plan para a totalidade do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, ao entender que se cumpren os requisitos establecidos recollendo, tamén, unha proposta de modelo de unidade territorial que pretende conxugar o menor conflito posible entre a protección da saúde e os dereitos fundamentais da cidadanía. Para o representante do Goberno galego, durante a aplicación do Plan de transición debe permitirse a mobilidade das galegas e galegos dentro da nosa comunidade, sempre que as súas áreas sanitarias se atopen na mesma fase.

A formulación do Goberno galego, -remarcou Almuiña-, é que a mobilidade debe permitirse para a cidadanía dentro da Comunidade Autónoma galega, sen aterse aos límites provinciais, e sempre que as áreas sanitarias de orixe e destino se atopen na mesma fase.

Capacidade de illamento de zonas concretas

Tal e como incidiu o conselleiro de Sanidade, Galicia non pretende aumentar con esta proposta as restricións á mobilidade que o Goberno do Estado poida considerar. A proposta da Xunta baséase en ter a capacidade para o illamento de zonas concretas inferiores como a zona, o distrito ou a área, caso de ser necesario, para que, no suposto da existencia de rebrotes, se aconselle o establecemento de restricións á mobilidade.

A toma de decisións que motiven o cambio de fase das previstas no Plan de transición, de acordo cos datos epidemiolóxicos, aplicaranse sobre o ámbito da área sanitaria.

A unidade territorial de actuación sanitaria sobre a que levar a cabo medidas restritivas de mobilidade, de aconsellalo así os indicadores, debe ser aquela que, en cada caso concreto, se demostre como a máis efectiva para controlar de forma máis precisa e proporcionada á situación adversa.

En consecuencia, subliñou Almuiña, será unidade territorial de actuación para impoñer restricións a zona sanitaria caso de que se poida atender a situación con esta delimitación, senón será o distrito e, de non ser posible, a área sanitaria. Esta aproximación, entende o conselleiro, que é a que permite o menor conflito entre a protección da saúde e os dereitos fundamentais da cidadanía.

R., 2020-05-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES