Noticias

Finaliza a primeira parte do seu estudo autonómico de seroprevalencia para analizar a circulación do COVID-19

A Consellería de Sanidade vén de rematar a primeira parte do seu estudo autonómico de seroprevalencia, iniciado o pasado 23 de abril, que con carácter autonómico analiza a circulación do virus SARS-Cov2 dentro da poboación galega en todo o territorio. Galicia foi a primeira comunidade autónoma en iniciar un estudo de seroprevalencia poboacional dentro do Estado. Os resultados analizaranse nos vindeiros días polo Instituto Galego de Estatística para a obtención da información precisa por áreas territoriais e grandes núcleos poboacionais. Cómpre remarcar que o total de persoas contactadas para a realización do test foi de 61.836 nesta primeira oleada, para obter as 50.925 persoas establecidas na mostra inicial coa finalidade de cumprir cos obxectivos do estudo.

Os obxectivos deste estudo realizado polo departamento sanitario galego son os de estimar a prevalencia fronte ao COVID-19 en Galicia, nas súas comarcas ou grupos de comarcas e nos concellos; así como explorar a prevalencia da inmunidade fronte ao coronavirus por sexo e grandes grupos de idade, ademais de monitorizar a evolución da epidemia no tempo, coa recollida de información en dúas ondas.

O número de mulleres da mostra supón o 49,19% e o dos homes o 50,81%. No que se refire á idade, os menores de 19 anos son o 15,84%; entre os 20 e os 64 anos son o 58,59%, e os maiores de 65 anos on o 25,28% do total.

Este estudo epidemiolóxico permitirá ter unha visión máis nítida e ampla do COVID-19 en Galicia, repercutindo, dun xeito beneficioso, en toda a poboación, xa que os resultados do traballo, permitirán acadar un coñecemento profundo da epidemia do COVID-19, posibilitando adoptar as medidas sanitarias máis axeitadas; ademais de coñecela súa incidencia de acordo as variables de sexo, idade, área territorial; poder programar ordenadamente o regreso á normalidade dos sectores produtivos e, sobre todo, poder anticiparse perante a posibilidade de novos contaxios potenciais.

Test avalados

Os test de anticorpos totais utilizado para este traballo teñen o aval do Centro Nacional de Microbioloxia e do Instituto de Saúde Carlos III do Ministerio de Sanidade. Ademais, a Organización Mundial da Saúde recomenda este tipo de test rápidos so para estudos poboacionais e, en xeral, os descartan para o diagnóstico, coincidindo coa conclusión da Comisión de Expertos da Xunta de Galicia do pasado 8 de abril.

Remarcar que estes test de anticorpos totais dispoñen do marcado CE (requerimento de homologación europeo); obtendo un valor de sensibilidade do 64% cando non se coñece a data de inicio e aumentando a un 80% a partir dos 7 días do comezo da infección; e unha especificidade do 100%.

Subliñar, así mesmo, que a avaliación interna dos test realizada polo Sergas co obxectivo de confirmar os datos de validez dos mesmos (análise de sensibilidade e especificidade), son concordantes cos obtidos polo Instituto de Saúde Carlos III.

A Consellería de Sanidade agradece a colaboración tanto da poboación como dos profesionais que, nestas últimas dúas semanas, colaboraron na realización deste estudo que é fundamental para coñecer a circulación do virus en Galicia.

R., 2020-05-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES