Notas de prensa

O PSdeG fala de fracaso absoluto da estratexia galega de linguas estranxeiras 2020

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Luis Ãlvarez, presentou unha pregunta en Comisión sobre este programa escasamente ambicioso, sen avaliación de resultados e que apenas foi secundado polos centros educativos, o que fai pensar nun “fracaso absoluto” neste programa do goberno galego do PPdeG.

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Luis Ãlvarez, tildou de “fracaso absoluto” o resultado da Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras 2020 da Consellería de Educación. O responsable socialista presentou unha pregunta en Comisión sobre este programa escasamente ambicioso, sen avaliación de resultados e que apenas foi secundado polos centros educativos.

O responsable socialista explicou que este programa, posto en marcha para “intensificar” o ensino plurilingüe no ensino público, conseguiu que se adheriran 81 centros dos 261 de ensino primario, apenas un dos 234 de secundaria, e tan só 7 dos 263 posibles de FP. Estes “resultados insuficientes”, dixo, fan pensar nun “fracaso absoluto” neste programa do goberno galego.

Sinalou que o pretendido aumento da “intensidade” do ensino en linguas estranxeiras en realidade limitouse a aumentar unha hora á semana de docencia en materias optativas no ensino secundario e FP. Ademais da “participación exigua” dos centros, dixo, “o que máis nos preocupa é que non se estea facendo avaliación de implementación para comprobar se están respondendo ou non aos obxectivos”.

Ãlvarez respaldou a “conveniencia e oportunidade de ter programas de mellora da competencia lingüística”, pero puxo en cuestión que o goberno galego se demostre “moi satisfeito” cun programa para a mellora de competencia lingüística de un só centro en secundaria e 7 de FP en toda Galicia.

Sinalou que un total de 81 centros que teñen participado no programa Plurinfantil, dirixido a implantar o plurilingüismo no ensino infantil, dun total de 261 que poderían ter participado. No caso do Bacharelato, que desta volta eran susceptibles de participar no programa de dobre titulación de Bacharelato e Baccauréat en francés, denominado Bachibac, tan só participou un centro dos 294 posibles.

A terceira “medida innovadora” para o próximo curso para a implantación do plurilingüismo no FP, denominado Estrela FP, saldouse con apenas 7 centros adscritos dun total de 263 posibles.

Gabinete de Comunicación del PSdeG, 2017-09-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES