Notas de prensa

As áreas culturais da Universidade de Santiago (USC) “ocupan” a singular Casa de Europa

Quedamos na casa! é o nome dunha iniciativa impulsada pola Ãrea de Cultura da USC que, xa por segundo ano consecutivo, busca dar visibilidade a todas as actividades e servizos que á súa comunidade. O edificio a “ocupar” é un dos máis singulares do patrimonio da universidade: a Casa de Europa.

Dende a Aula de Teatro ao Espazo de Danza, pasando pola Orquestra Universitaria, o Espazo de Fotografía, o Coro Universitario ou o Observatorio de Astronomía.
Quedamos na casa! é o nome dunha iniciativa impulsada pola Ãrea de Cultura da USC que, xa por segundo ano consecutivo, busca dar visibilidade a todas as actividades e servizos que á súa comunidade.

O edificio a “ocupar” é un dos máis singulares do patrimonio da universidade: a Casa de Europa, antiga vivenda de tipo indiano no Parque de Vista Alegre que actualmente é utilizada pola universidade como residencia universitaria. Unha auténtica xoia arquitectónica que este xoves poderá visitarse interiormente e descubrir estancias tan singulares como a capela privada ou a galería acristalada.

A xornada, gratuíta e de libre entrada, comeza ás 17.00 horas cunha visita guiada polo parque e continuará ata as 22.00 con numerosas actividades simultáneas. Dende obradoiros de fotografía ou danza latina ata observacións astronómicas, pasando por microteatro, performances de danza, concertos da Orquestra da USC ou do Coro da USC e mesmo unha intervención da Fonoteca. Ademais, durante toda a xornada haberá un catering servido polo restaurante Garum.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2017-09-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES