Notas de prensa

A capital galega promociónase na feira turística máis importante de Xapón

Turismo de Santiago participa con dous mostradores na Tourismo Expo Japan 2017, a mostra de turismo máis importante de Xapón, que se celebra ente o 21 e o 24 de setembro en Tokio. O primeiro mostrador sitúase no stand de Turespaña, no pavillón de Europa. O segundo ubícase no pavillón xaponés, no stand da prefectura de Wakayama.

Santiago pode chegar tanto ás persoas interesadas en viaxar a España como ás que buscan a espiritualidade do Camiño de Kumano. Malia a distancia existente, o mercado xaponés é moi interesante para a cidade cando menos por tres razóns: é un mercado cun gran volume de poboación, é un mercado cun alto potencial de crecemento turístico na cidade e é un mercado cun gasto por persoa moi superior á media internacional. O obxectivo é captar a un turista cultural de alto nivel económico para poder aumentar a media de gasto por persoa na cidade.

Santiago reúne unha serie de atractivos, como a espiritualidade, a calidade dos peixes e mariscos da gastronomía galega ou o contacto coa natureza no Camiño de Santiago, que converten a cidade nun destino turístico con moito atractivo para o mercado xaponés, que precisamente busca destinos nos que se combinen natureza, patrimonio histórico e gastronomía.

Santiago ten ademais fortes vínculos co Camiño de Kumano e a cidade de Tanabe, coa que leva anos colaborando na promoción conxunta de ambos camiños de peregrinación que, malia a distancia e as diferencias culturais, teñen entre si importante puntos de unión, como a busca dun mesmo en contacto coa natureza. Precisamente grazas a esta colaboración, Santiago conta cun espazo promocional permanente no Centro de Interpretación do Camiño de Kumano en Tanabe.

A importancia do mercado xaponés para Santiago crece ano tras ano, tal como amosan a evolución do número de peregrinos nipóns. No ano 2016 alcanzouse o máximo histórico, con 1.459 e un crecemento do 22% respecto a 2015.

Gabinete de Comunicación do Concello de Santiago de Compostela, 2017-09-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES