
Trala inauguración a cargo de MarÃa Rosa Ãlvarez Prada, decana do Colexio Oficial de PsicoloxÃa de Galicia (COPG), e Francisco González Sarria, decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), a xornada acollerá presentación dos documentos elaborados polo grupo de traballo conxunto de ambos os dous colexios, con recomendacións para a cobertura de informacións sobre emerxencias, saúde mental, suicidio, violencia machista e menores. Estas recomendacións estarán disponÃbeis en breve nas webs dos dous colexios e serán distribuirán polas redaccións dos medios de comunicación.
A partir das 11:30 terá lugar a mesa redonda Información e sufrimento humano, coa participación da xornalista Rosa MarÃa Calaf, premio José Couso de Liberdade de Prensa 2009, e o psicólogo José Luis RodrÃguez-Arias Palomo. A mesa estará moderada por Xabier Macias Virgós, do Colexio Oficial de PsicoloxÃa de Galicia, e Rocio Lizcano González, do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.
Esta actividade forma parte do traballo conxunto iniciado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Colexio Oficial de PsicoloxÃa de Galicia. Ambas as dúas institucións unen esforzos nunha iniciativa inspirada polo compromiso social, convencidos de que o compromiso ético das nosas intervencións profesionais é básico, especialmente cando tratamos con feitos ou procesos que colocan os seus e as súas protagonistas en situación de vulnerabilidade.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.