
A feira JATA está organizada pola Asociación Xaponesa de Axencias de Viaxe. É un escaparate cara o mundo aberto aos profesionais e ao público en xeral. Xapón é un dos mercados internacionais prioritarios para o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España. A partir de 2016 rexistrouse un aumento do 5,6% de turistas nipóns debido á revaluación da súa moeda, o ien. O perfil do turista xaponés é de idade media con poder adquisitivo medio-alto. Nas súas viaxes fan tours por diversas cidades nas que permanecen un dÃa ou dous.
Ademais da feita en Xapón, o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade, realizou en Varsovia unha campaña de promoción dirixida ao mercado de Polonia. Para esta acción, as Cidades Patrimonio contaron coa colaboración da Embaixada Española en Varsovia e da Oficina Española de Turismo (Turespaña).
As quince cidades estiveron representadas nun acto promocional pola alcaldesa de Córdoba e presidenta de turno do Grupo, Isabel Ambrosio. O centro histórico de Varsovia foi inscrito na lista da UNESCO no ano 1980. Na actualidade é un referente turÃstico e patrimonial de referencia visitado por millóns de persoas cada ano.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.