//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias pesca
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou hoxe en Sevilla nunha xuntanza da comisión CIVEX do Comité das Rexións para coordinar o apoio a Libia en ámbitos considerados esenciais para as súas administracións rexionais e locais a través da cooperación das rexións e cidades europeas, que demostraron que dispoñen da experiencia política, capacidade institucional e capacidades técnicas necesarias para axudar aos seus homólogos libios. Na reunión de Sevilla participaron responsables políticos libios, representantes locais e rexionais europeos, membros do Comité Europeo das Rexións e de institucións europeas.
A tempada de pesca para o ano 2019 na Comunidade autónoma galega comezará o vindeiro 17 de marzo e rematará o 31 de xullo, con carácter xeral. Así se establece na orde que recolle as normas de pesca nas augas continentais, que hoxe publica o DOG. Trátase da orde anual na que se definen as normas xerais de pesca das distintas especies ictícolas nas augas continentais de Galicia, de acordo co previsto no Regulamento de pesca fluvial de Galicia. Entre as novidades destacables, a creación de dúas novas zona de adestramento no río Miño, na zona de Outariz, na súa marxe dereita e na zona de Rexa, na súa marxe esquerda; e no lugar A Ponte de Outeiro, augas arriba do límite superior do couto Terra Chá.
A poboación ocupada na pesca extractiva en Galicia aumentou un 7% entre 2015 e 2017, co que a comunidade rompe coa tendencia de perda de emprego no sector rexistrada nos últimos exercicios, especialmente coa crise económica. A comunidade galega pasou de contar con 10.635 profesionais embarcados nas distintas frotas ao remate de 2015 a alcanzar os 11.377 a finais de 2017, co que o sector sumou 742 traballadores neses dous anos. Estes datos de emprego da frota pesqueira galega aparecen recollidos na enquisa Ocupesca, elaborada pola Consellería do Mar cada dous anos e da que acaba de publicarse a súa cuarta edición.
Portos de Galicia recolleu ao longo dos últimos meses un total de 63.000 quilos de residuos dos fondos mariños de 15 peiraos autonómicos. Estas actuacións enmárcanse na quinta fase do plan de limpeza de dársenas que o ente público desenvolve anualmente nas tres provincias costeiras e que este ano tivo lugar en 5 peiraos de cada unha das 3 zonas administrativas de Portos de Galicia.
O acordo acadado no Consello de Ministros de Pesca da Unión Europea en relación ás posibilidades de pesca para o 2019 nas augas do Atlántico e do Mar do Norte é relativamente satisfactorio, tendo en conta a proposta de partida da Comisión Europea. A cantidade global para España se conseguiu incrementar un 8,5% con respecto á cota global da que dispuxo este ano. Foi un Consello de Ministros de Pesca da UE no que se acadaron melloras, non obstante, aínda que quedan eivas nalgunhas especies.
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, defendeu hoxe en Bruxelas, no transcurso das negociacións do Consello de Ministros de Pesca da Unión Europea, a necesidade de ter en conta o desenvolvemento da actividade da frota en relación coa entrada en vigor da obriga de desembarque de capturas en xaneiro de 2019. Neste sentido, fixo fincapé no compromiso acadado cando se aprobou a reforma da Política Común de Pesca a través da que se establece esta obriga, que consiste en que esta obriga de descartes cero non impida a posibilidade de desenvolver a actividade pesqueira.
O Centro Tecnolóxico do Mar organiza a conferencia final do proxecto europeo PrimeFish, un evento internacional que xirará arredor dos desafíos do mercado de produtos do mar e que reunirá na sede Afundación en Vigo o vindeiro 30 de xaneiro a representantes de todas as partes interesadas deste sector. A conferencia final servirá como plataforma de lanzamento do prototipo de software orientado ao mercado especializado de productos do mar, baseado en big data e innovación.
O Bussines2Sea reunirá en Porto desde o mércores e ata o venres a organizacións, profesionais, investigadores ou estudantes vinculados ao mundo do mar que se darán cita neste evento internacional para participar nas diferentes actividades previstas, como conferencias, talleres temáticos, reunións de proxecto, encontros de negocio e na parte expositiva. O Centro Tecnolóxico do Mar participa este ano na organización da edición 2018 no marco dun acordo de colaboración con Fórum Océano, entidade portuguesa responsable desta iniciativa.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, apostou hoxe por impulsar unha estratexia integrada para o Atlántico ou por unha macrorrexión atlántica para abordar os retos específicos que comparten as rexións costeiras do Atlántico, non só pesqueiros e marítimos senón en todos os eidos, co obxectivo de compartir coñecementos e experiencias para traballar de forma coordinada e afrontar problemáticas que non entenden de fronteiras.
A directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, visitou hoxe xunto co conselleiro de Agricultura, Pesca e Alimentación da embaixada de España en China, Samuel Juárez, e as empresas galegas participantes na feira Seafood Expo Asia o mercado maiorista de peixe e marisco de Aberdeen. Alí coñeceron da man da Fish Marketing Organization (FMO) o funcionamento deste mercado, que presenta numerosas diferencias respecto do sistema de funcionamento e venda de peixe en Galicia.
Pesca consegue a exención do imposto de hidrocarburos para o GLP e outros combustibles alternativos que poidan ser empregados pola frota galega. O Pleno do Consello Galego de Pesca analizou as propostas dos ministros da Unión Europea.
Entre os provedores dos recursos pesqueiros para a realización desta campaña están Absa, Porto de Celeiro, a Asociación de Armadores de Marín, Cooperativa do Mar de Ribeira, Cooperativa dArvi, Aroga e o Consello Regulador do Mexillón de Galicia.
Con este foro o Cetmar busca coñecer e valorar as liñas de actuación, iniciativas e obxectivos a corto e medio prazo da diversificación socioeconómica.
Os conselleiros de Innovación e de Pesca presentaron a Plataforma e a súa primeira axenda estratéxica con prioridades investigadoras en nutrición, patoloxía, xenética, medio ambiente, seguridade alimentaria e deseño das instalacións.
O director-xerente do centro presentou aos patronos o informe de xestión do Cetmar do primeiro semestre de 2008 no que se mantiveron activos un total de 60 proxectos e puxéronse en marcha 19 novas iniciativas.
Galicia e Cuba manteñen relacións de cooperación pesqueira vencellada coa formación marítimo-pesqueira.
Esta iniciativa forma parte do proxecto Serea que desenvolve o Centro Tecnolóxico do Mar co obxectivo de dar resposta á realidade actual que vive o sector da pesca de baixura da nosa Comunidade Autónoma.
Esta iniciativa recolle unha análise externa e interna desta
actividade, así como medidas a executar entre este ano e 2013 e que se centran na adaptación do esforzo pesqueiro, a formación e a
comercialización, a seguridade dos mariñeiros e a mellora das súas condicións de traballo.
Entre as medidas que está a desenvolver o executivo autonómico por mor da alza do prezo do carburante, a Consellería de Pesca e Portos de Galicia, dependente da Consellería de Política Territorial, están a traballar na busca de medidas dirixidas a minorar as taxas portuarias.
Esta modificación constitúe a segunda addenda ao protocolo subscrito entre a Consellería de Pesca e a Confraría de Pescadores da Coruña e ampliará a vixencia das actuacións ata finais de 2008.