A Conselleira de Pesca e Asuntos MarÃtimos, Carmen Gallego Calvar, presidiu unha nova xuntanza extraordinaria do Pleno do Consello Galego de Pesca na que se analizaron as propostas debatidas no Consello de Ministros de Pesca da Unión Europea, celebrado onte en Luxemburgo, para solventar os problemas
aos que se enfronta o sector pesqueiro europeo debido á alza do prezo dos combustibles.
No encontro, a responsable da Administración pesqueira galega tamén lle trasladou aos asistentes que á exención do imposto de hidrocaburos para a frota que emprega gasolina, acadada recentemente, se suma a supresión desta taxa para os combustibles alternativos que son ou poderán ser usados polo sector pesqueiro. Trátase de carburantes que se están aplicando de xeito experimental como o Gas Licuado de Petróleo (GLP), o gas natural, o biodiésel ou o biometanol. Segundo explicou a Conselleira, unha vez acadado o visto bo do Ministerio de EconomÃa, hai que poñer en marcha os mecanismos fiscais que permitan darlle á frota “un abano de posibilidades” de cara a abaratar o seu gasto enerxético.
Tanto esta exención como a que afecta á gasolina conseguÃronse tralas xestións feitas pola ConsellerÃa de Pesca ante os ministerios de EconomÃa e Industria. Neste punto, Gallego sinalou que se está traballando entre a Administración pesqueira galega, representantes do sector, os sindicatos e responsables das empresas Cepsa e Repsol, asà como do Ministerio de EconomÃa, para determinar o modo no que se levará a a cabo o subministro da gasolina nos portos pesqueiros galegos de cara á supresión do imposto sobre este tipo de combustible.
A opción máis áxil e viable, e que foi a acordada nunha xuntanza celebrada a semana pasada, é que cada armador poida dispoñer do carburante nos surtidores e gasolineiras da Comunidade Autónoma de Galicia e que, posteriormente, solicite ao Estado a devolución do imposto. Con esta opción, terase que levar a cabo unha leve modificación da normativa vixente, a través dun Real Decreto Lei, que permita legalizar e axilizar a devolución fiscal aos armadores. Trátase dun proceso sinxelo e que xa ten antecedentes nos sectores agrario e do transporte. A exención do imposto
sobre a gasolina, vixente a dÃa de hoxe, supón unha redución do 55 por cento do custe por litro deste tipo de combustible.
Consello de Ministros
Por outra banda, Carmen Gallego tamén informou ao Pleno do Consello Galego de Pesca das propostas debatidas no Consello de Ministros de Pesca da UE celebrado onte en Luxemburgo e sobre as que se traballará de cara a celebración dun novo Consello de Ministros a mediados do mes de xullo. A titular de Pesca destacou o feito de que todos os paÃses que interviron na xuntanza coincidiron en que se trata dun problema común a todos os paÃses
costeiros europeos e que, polo tanto, as medidas que se adopten deben ser similares en todos os estados.
Ademais, Gallego manifestou que a Comisión Europea valorou positivamente o documento de actuacións presentado polos paÃses do sur de Europa (Italia, Francia, Portugal, Grecia, Malta e Eslovenia) a iniciativa de España e que Galicia colaborará co Goberno central na elaboración do documento lexislativo que terán que preparar os estados membros da UE de cara ao Consello de Ministros do vindeiro mes. Nesta dirección, apuntou que a
comunidade galega defenderá as mellores posturas para o noso sector pesqueiro, á vez que insistiu na necesidade de acadar a flexibilización do reglamento do Fondo Europeo de Pesca (FEP).
Por último, a Conselleira indicou que seguirá informando ao Consello Galego de Pesca dos avances que se vaian producindo e sinalou que dende o seu departamento se irán aplicando aquelas medidas xa ofertadas pola Xunta ao sector pesqueiro galego. Entre estas, lembrou a axuda de 2,5 millóns de euros para as lonxas de interese autonómico destinada a mellorar a comercialización dos produtos do mar. De feito, Carmen Gallego indicou que a vindeira semana manteranse contactos co sector para ver como se arbitra
este mecanismo de cara a súa inmediata aplicación.
A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañÃas galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos tÃteres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e TÃteres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.