A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, a través do Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar, organiza a terceira edición da Conferencia Internacional sobre a Diversificación Económica nas Comunidades Costeiras en Vigo. Este foro busca proporcionar, un ano máis, un lugar de encontro que permitirá ás administracións públicas, aos axentes sectoriais da pesca, o marisqueo e outras actividades económicas e culturais, así como á sociedade en xeral valorar conxuntamente as liñas de actuación, iniciativas e obxectivos a corto e medio prazo da diversificación socioeconómica.
A liña prioritaria de actuación no eido da diversificación que levan a cabo axentes públicos e privados do sector pesqueiro é a procura de alternativas que garantan a viabilidade das comunidades costeiras. Neste sentido, o Cetmar vén desenvolvendo dende o ano 2005 un proxecto de traballo en rede orientado a identificar oportunidades e estratexias d diversificación, no que os profesioanais do mar teñen un papel protagonista.
Con esta terceira edición do Congreso Internacional sobre Diversificación Socioeconómica o Cetmar consolida un encontro encamiñado a profundizar nas estratexias de diversificación no marco da xestión sostible dos recursos, a posta en valor da cultura do mar, a dignificación do sector marítimo-pesqueiro no seu conxunto e o futuro das comunidades costeiras.
Ao acto de inauguración do congreso, celebrado en Vigo e presidido polo director xerente da Fundación Cetmar, Alberto González Garcés, asistiron o secretario xeral da Consellería de Pesca, Miguel Ángel López Sieiro, e as delegadas territoriais de Pesca en Pontevedra e na Coruña, Ángeles Montero e Rosa Liaño, respectivamente.
Programa da Conferencia
Esta xornada adicada á diversificación nas zonas costeiras deu comezo con dúas ponencias centradas no Fondo Europeo da Pesca. En concreto, Dominique Levieil, da Dirección Xeral de Asuntos Marítimos da Unión Europea, analizou A Diversificación Socioeconómica das Comunidades Costeiras no Fondo Europeo da Pesca. De seguido, Miguel Ángel López Sieiro, o secretario xeral da Consellería de Pesca, explicou aos asistentes en que consisten os Grupos de Acción Costeira que está a desenvolver o seu departamento no marco do Eixo prioritario nº 4 do FEP.
A programación deste evento tamén conta cunha mesa redonda na que se expoñen as novas vías da diversificación que se están a pór en marcha en Galicia ou Italia. Así mesmo, analizarase o medio ambiente como oportunidade poñendo como exemplo as reservas mariñas de interese pesqueiro e o proxecto Peixe Verde de busca de enerxías alternativas. Xa pola tarde, outro dos debates que se abrirá estará vencellado cos retos da comercialización con relatorios sobre as claves da comercialización, a marca de calidade PescadeRías, de onde se non? que puxo en marcha a Consellería de Pesca, e a comercialización de novos produtos e subprodutos.
A riqueza gastronómica do mar e a oferta gastronómica diversificada será outro dos temas que se trate neste foro, no que tres cociñeiros galegos de renome falarán dos usos tradicionais e modernos dos produtos do mar. O broche final á Conferencia poñeráo o grupo musical Nordestin@s que, cunha sesión musical, amosará o son do mar e a cultura mariñeira a traverso da súa música.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.