//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias pesca
As empresas do sector pesqueiro e transformador galego exportan arredor de 5.500 toneladas anuais de produtos a Estados Unidos por importe duns 40 millóns de euros e trátase dun mercado no que o sector estaba a medrar, polo que se solicitan medidas para mitigar a posible incidencia dunha decisión que suporía aranceis do 25% para produtos como as conservas de polbo ou de mexillón. Outro asunto que preocupa a Galicia é a incerteza ante o brexit, e así trasládase a necesidade de que haxa unha coordinación forte entre o Goberno e as comunidades sobre todo o que ten que ver coa pesca, un dos sectores máis afectados polo divorcio entre o Reino Unido e a UE previsto para o 31 de outubro.
O sector de Pesca e Acuicultura aporta hoxe en día máis do 2% do produto interior bruto (PIB) da comunidade. O valor xerado por este sector está moi por enriba da media española e europea. De feito, Galicia concentra máis do 50% do emprego marítimo-pesqueiro de España e o 10% da Unión Europea coa xeración de preto de 40.000 postos de traballo directos entre mariscadores, tripulantes de pesqueiros, acuicultores, vendedores e profesionais do sector transformador, entre outros. A súa actividade supón máis de 550 millóns de euros só en salarios e ten un impacto económico de 1.770 millóns de euros noutras actividades relacionadas só pola adquisición de produtos para desenvolver o seu traballo.
O Presidente da Xunta, que visitou as instalacións da pesqueira Estrella Patagónica e da pesqueira Iberconsa de Argentina e viaxou a Rawson, para reunirse co gobernador da provincia de Chubut, Mariano Arcioni, avanzou tamén numerosas reunións cos responsables de pesca de Santa Cruz e de Bos Aires, co obxectivo de avaliar cos gobernos provinciais e co Goberno arxentino as circunstancias e a actividade das empresas pesqueiras galegas con presenza no país.
O seminario A paisaxe da mar celébrase en Guitiriz e está organizado pola Universidade de Santiago de Compostela. Ten como obxectivo remarcar o protagonismo da costa en Galicia coas súas diferentes configuracións morfolóxicas e ecolóxicas traducidas en cabos, rías, acantilados, praias, lagos, marismas e illas, ademais das propias profundidades mariñas, sen esquecer a extraordinaria riqueza dos océanos no ámbito biolóxico, económico e paisaxístico. Trátase de poñer en valor a importancia da paisaxe como recurso patrimonial que participa do interese xeral nos aspectos ecolóxicos, culturais, económicos e sociais. Nesta liña, destácase o gran valor natural das rías e da costa galega que conforman áreas dunha ecoloxía única.
Os hábitats mariños das Illas Cíes serán o laboratorio de probas para experimentar e levar a cabo o traballo de campo do proxecto Alganat2000, unha investigación pioneira a cargo dun equipo científico da Universidade de Vigo e que centra o seu estudo en cinco especies de macroalgas co fin de garantir a xestión sustentable e conservar a biodiversidade en áreas mariñas protexidas nas que se desenvolve unha actividade pesqueira. O obxectivo de Alganat é aportar unha ferramenta xeoespacial, innovadora e de baixo custo para facer unha cartografía e monitorización periódica das macroalgas no medio mariño e do seu estado fisiolóxico.
As actuacións desenvolvidas polos GALP buscan aumentar o emprego e a cohesión social nas comunidades pesqueiras. De feito, os oito grupos actuais agrupan a 361 entidades sociais -105 delas do sector pesqueiro- e representan a máis de 11.000 persoas de todo o litoral de Galicia. Entre os obxectivos dos proxectos están a atracción de xente nova ás zonas costeiras, a promoción da innovación, o apoio á diversificación dentro e fóra do sector pesqueiro, o impulso do patrimonio ambiental e cultural, o reforzo do papel das comunidades pesqueiras no desenvolvemento local e na cogobernanza dos recursos pesqueiros e a promoción das distintas actividades marítimas no ámbito local.
Celebrouse hoxe o Consello Consultivo de Pesca para Asuntos Comunitarios, no que se expuxeron as reivindicacións de Galicia de cara ao futuro Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), que rexerá entre os anos 2021 e 2027. Presentouse tamén no encontro o acordo acadado con Francia polo que os dous países reclamarán unha maior simplificación do fondo e que se aclaren cuestións que no pasado provocaron retrasos na execución dos fondos. A xuntanza entre os representantes dos Gobernos autonómicos e do Executivo central para preparar o Consello de Ministros de Pesca da Unión Europea da próxima semana abordou a necesidade de adaptar o marco financeiro de apoio á cadea mar-industria á súa realidade.
A lonxa de Burela foi durante o escenario da presentación do proxecto Peque Peixe, unha iniciativa destinada a formar os nenos e nenas de 3 a 15 anos na terminoloxía mariñeira e pesqueira en galego. O evento contou co apoio da Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo (OPP-7) e de Armadores de Burela (ABSA). Participaron un total de 132 nenos e nenas de tres CEIP da comarca, que recibiron, xunto con outros agasallos, unha das seis unidades didácticas que compoñen os materiais de Peque Peixe. Os 132 estudantes de segundo de primaria dos CEIP Virxe do Carme de Burela, Fondo Nois de Foz e Península da Paz de San Cibrao tiveron ocasión de percorrer a lonxa de Burela acompañados por uns guías moi especiais: os famosos Bolechas.
Un equipo de investigadores de Alemaña, Grecia, España, Malta e Portugal discuten estes días na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da USC sobre a Política Pesqueira Común (PPC) da Unión Europea. A xuntanza enmárcase na Acción Cost europea Ocean Governance for Sustainability Challenges, Options and the Role of Science) que coordina dende a Universidade alemá de Bremen a profesora Anna-Katharina Hornidge. Unha das reformas máis relevantes da PPC consiste na implementación do art. 17, que establece que ao asignar as posibilidades de pesca se aplicarán criterios transparentes e obxectivos.
Nesta edición da feira de Boston estarán Pescados Rubén, Fesba, Pescados Hermanos Lijó, Cassua, Frigoríficos Botana, Congelados Noribérica, Pasteurizados Cíes, Congelados Videmar, Isidro 1952, Nagreen Group, Salgado Congelados e Oversea Atlantic Fish. Ademais, tamén estarán presentes na feira con posto propio outras entidades galegas como ADM Galicia, Cabomar, Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía, Grupo Ibérica Congelados, Ingeniería de Proyectos Marinos (Inpromar), Rotogal, Stolt Sea Farm, World Wide Fishing Company e, a través das súas filiais estadounidenses, Nueva Pescanova, Profand e Mascato.
O acordo asinado en Roma prevé a posta en marcha dun proxecto de acuicultura rural e a pequena escala en países de América Latina e do Caribe, no marco da colaboración pesqueira coa ONU en beneficio dos países en desenvolvemento.
A directora xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro participou na presentación dun catamarán-semilleiro da empresa Remagro que se fondeará en augas do Grove.
O departamento que dirixe Carmen Gallego está a traballar na implantación da operatividade as 24 horas do día do helicóptero Pesca 1, con base en Vigo, e na adquisición dunha nova aeronave que terá a súa base na Costa da Morte.
Analizouse a proposta de regulamento da Comisión Europea polo que se aproban as accións dirixidas ao sector pesqueiro como consecuencia do incremento do prezo do combustible.
O texto normativo faise eco do novo escenario internacional, europeo e estatal, así como da realidade galega que mudou considerablemente dende hai 15 anos. A lei promove a implantación dunha cultura do seguro no sector.
A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos achegou preto de 1,3 millóns de euros para a execución destas dúas infraestruturas.
El director de este órgano de la UE agradeció la colaboración administrativa para la apertura en Vigo de la nueva sede de esta Agencia Europea de Control de la Pesca, así como en la integración social de los funcionarios y sus familias.
A Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, Carmen Gallego Calvar, participou na reunión da Comisión Sectorial do Consello Consultivo para Asuntos Comunitarios, celebrada na sede do Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino en Madrid, e previa ao Consello de Ministros de Pesca da Unión Europea que terá lugar o 15 de xullo en Bruxelas.
A conselleira de Pesca visitou de xeito oficial o concello de Noia onde tamén se desprazou ata o edificio de apoio á lonxa do Testal. Pesca investiu 3,4 millóns de euros en resposta ás demandas dos profesionais do mar desta zona.
O debuxo animado de estética manga que protagoniza a campaña Sonche Xan! achega aos máis cativos da casa os beneficios derivados de comer produtos do mar a través dun obradoiro de aprendizaxe.