
Un equipo de investigadores de Alemaña, Grecia, España, Malta e Portugal no que participa o profesor de Economía Aplicada da USC Sebastián Villasante discuten estes días 1 e 2 de abril na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da USC sobre a Política Pesqueira Común (PPC) da Unión Europea. A xuntanza enmárcase na Acción Cost europea Ocean Governance for Sustainability Challenges, Options and the Role of Science) que coordina dende a Universidade alemá de Bremen a profesora Anna-Katharina Hornidge.
Unha das reformas máis relevantes da PPC consiste na efectiva implementación por parte dos Estados membros do art. 17, que establece que ao asignar as posibilidades de pesca se aplicarán criterios transparentes e obxectivos, incluíndo os aspectos ambientais, económicos e sociais cando se reparten as oportunidades de pesca. Os criterios poden incluír, entre outros, a achega á economía local e os niveis históricos de captura ou o impacto da pesca no medio ambiente mariño.
Outro aspecto de gran relevancia de cara ao cumprimento do Obxectivo 14 de Desenvolvemento Sustentable por parte da Unión Europea é o outorgamento de subsidios á industria pesqueira. De acordo cos estudos científicos, a pesca artesanal só recibiu 16% dos 35 mil millóns de euros que os gobernos destinaron a nivel global ao sector pesqueiro.
Os investigadores analizarán as alternativas nos criterios de reparto para especies claves para a nosa pesca en Galicia como a sardiña, xarda ou xurelo, así como a necesidade de manter axudas para a pesca artesanal no próximo programa de axudas da UE no período 2021-2027, que se votará no Parlamento Europeo o día 3 de abril de 2019.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.