Noticias

Peque Peixe difunde os nomes dos animais mariños entre a rapazada galega

A lonxa de Burela foi durante o escenario da presentación do proxecto Peque Peixe, unha iniciativa destinada a formar os nenos e nenas de 3 a 15 anos na terminoloxía mariñeira e pesqueira en galego. O evento contou co apoio da Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo (OPP-7) e de Armadores de Burela (ABSA). Participaron un total de 132 nenos e nenas de tres CEIP da comarca, que recibiron, xunto con outros agasallos, unha das seis unidades didácticas que compoñen os materiais de Peque Peixe. Os 132 estudantes de segundo de primaria dos CEIP Virxe do Carme de Burela, Fondo Nois de Foz e Península da Paz de San Cibrao tiveron ocasión de percorrer a lonxa de Burela acompañados por uns guías moi especiais: os famosos Bolechas.

A lonxa de Burela foi durante toda a mañá de hoxe o escenario da presentación do proxecto Peque Peixe, unha iniciativa da Consellería de Cultura e Turismo, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, destinada a formar os nenos e nenas de 3 a 15 anos na terminoloxía mariñeira e pesqueira en galego. O secretario xeral, Valentín García, e o delegado territorial José Manuel Balseiro participaron no acto de presentación desta iniciativa, un evento que contou co apoio da Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo (OPP-7) e de Armadores de Burela (ABSA). Fixérono acompañados por 132 nenos e nenas de tres CEIP da comarca, que recibiron, xunto con outros agasallos, unha das seis unidades didácticas que compoñen os materiais de Peque Peixe e que poden descargarse no web www.pequepeixe.gal.

Valentín García lembroulles aos asistentes “que Galicia é unha terra con moito mar e onde moita xente vive deste, así que a nosa lingua propia conta con nomes ben expresivos e axeitados para denominar os peixes que comemos”. Por este motivo, fixo un chamamento “a seguir empregándoos e a facelos visibles nos carteis das peixarías, das prazas e dos supermercados, así como a transmitírllelos aos nosos fillos e fillas cando nos sentamos con eles á mesa a compartirmos o tan saudable hábito de comer peixe”.

Canda eles participaron no acto os xefes territoriais das consellerías de Cultura e Turismo, do Mar e de Educación, Universidade e Formación Profesional, María José Gómez, Pablo Fernández Asensio e Mariña Gueimunde, respectivamente; o alcalde, Alfredo Llano; Sergio López, xerente da OPP-7, e Miguel Neira, presidente de ABSA.

O biólogo mariño Javier García Galdo foi o encargado de detallar os obxectivos e contidos dos materiais didácticos incluídos na iniciativa.

Visita guiada polos Bolechas

Os 132 estudantes de segundo de primaria dos CEIP Virxe do Carme de Burela, Fondo Nois de Foz e Península da Paz de San Cibrao tiveron ocasión de percorrer a lonxa de Burela acompañados por uns guías moi especiais: os famosos Bolechas, personaxes do debuxante Pepe Carreiro que, como os cativos ben saben e comprobaron tamén nesta ocasión, falan en galego nos libros, na tele e no contacto directo. A continuación, o alumnado asistente participou nun show cooking con Ana Oca, cociñeira finalista de Master Chef Junior, quen lles mostrou varios segredos de preparación do peixe e lles revelou a súa importancia para unha dieta saudable.

Peque Peixe

Para o proxecto Peque Peixe da Secretaría Xeral de Política Lingüística, a consultora especializada en pesca Sinerxia Plus desenvolveu 6 unidades didácticas adaptadas a diferentes grupos de idade co fin de darlles a coñecer a pequenos e mozos de 3 a 15 anos as profesións mariñeiras, as artes de pesca, a bioloxía do mar ou os tipos de peixes. Todas elas poden verse e descargarse de balde en www.pequepeixe.gal, así como desde o Portal da Lingua Galega (www.lingua.gal).

R., 2019-05-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES