//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias economia
O titular do Executivo galego, Alfonso Rueda, sinalou que o reparto da débeda autonómica entre todos os españois suporá que cada galego deba pagar 220 euros máis. Ademais, sinalou que a débeda mutualizada a Galicia 'non desaparece', súmase á doutras Comunidades Autónomas e increméntase a que 'pasa a ter cada galego'. Durante a sesión de control no Pleno do Parlamento de Galicia, o presidente da Xunta sinalou que a mutualización dos 4.000 millóns de débeda autonómica non implica a transferencia directa deses recursos e que pasen a estar a disposición da Xunta. Con esta medida, parte da débeda das autonomías pasaría a estar asumida pola Administración Xeral do Estado, pero as comunidades non contarían con novos recursos e unicamente aforrarían o pago de parte dos xuros.
Ata o de agora, o teito de renda para unha unidade familiar para o acceso á unha VPP situábase en 2,5 veces o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (Iprem), límite que pasará a ser de 3 veces o Iprem. Con respecto ás VPA de réxime especial, o límite máximo do Iprem increméntase tamén en medio punto, pasando de 3 a 3,5; e pasando ademais do 4,5 ata 5 veces o Iprem nas vivendas de réxime xeral. Mantense o tramo de ingresos ponderados para o acceso ás VPA de réxime concertado, en ata 6,5 veces o Iprem. Ata o de agora, para que unha parella cun fillo poda adquirir unha VPP ou unha VPA de réxime especial, o Iprem fixaba os ingresos máximos anuais brutos en ata 26.250 euros. Coa modificación do tope, e a modificación dos tramos de ingreso, esa mesma unidade familiar para a adquisición da mesma vivenda, acadará os 31.500 euros anuais brutos.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, sinalou hoxe que Galicia deixa de ingresar 127 millóns de euros cada mes pola inacción do Goberno central na actualización das entregas a conta. Tal e como destacou Rueda, esta é unha das conclusións do informe sobre as repercusións na Tesourería da Comunidade do retraso da actualización do importe das entregas a conta do Sistema de Financiamento Autonómico (SAF), que o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, presentou hoxe no Consello de Goberno. Para o titular do Goberno galego, o próximo Consello de Política Fiscal e Financieira vai ser unha oportunidade perdida se non se fala do financiamento autonómico, unha cuestión prioritaria.
A repotenciación dos 25 parques eólicos máis antigos de Galicia, por superar os 25 anos de antigüidade, permitirá a retirada de máis de 800 aeroxeradores da paisaxe galega, que quedan reducidos a unha media de 120. A día de hoxe, os cinco parques eólicos que hai en Galicia xa repotenciados están na provincia da Coruña: en Zas, Corme, Cabo Vilán, Malpica e entre Mañón e Ortigueira (Serra da Panda II). Á espera de coñecer os datos do informe anual de Rede Eléctrica, Galicia é a terceira Comunidade Autónoma con maior produción eléctrica a partir da forza do vento (9.086 GWh). A eólica foi a tecnoloxía renovable que máis GWh achegou durante 2023 ao mix enerxético autonómico, ata o 38,1 %.
Galicia pechou o ano 2024 cun superávit do 0,2%, acadando o 100% de execución do orzamento, con 846,5 millóns de euros máis gastados respecto ao 2023, e ao mesmo tempo, reducindo a débeda. Así o reflicte o informe presentado ao Consello da Xunta polo titular da Consellería de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, relativo ao peche do exercicio do 2024. Neste sentido, o esforzo investidor da Comunidade alcanzou o 16,5%, manténdose nas cifras máximas xa acadadas en 2023 (16%). A Xunta investiu 2.181M de euros, unha das cifras máis altas da historia, incrementándose o investimento real en máis de 200 millóns de euros con respecto ao ano anterior. Tamén se reforzaron os gastos correntes, principalmente vinculados a Sanidade, Educación e Servizos Sociais, con máis de 772 millóns de euros, que elevaron a súa execución ao 106%.
O secretario xeral Técnico e do Tesouro, David Cabañó, destacou hoxe no Parlamento que a condonación da débeda das comunidades sería 'un mal negocio para Galicia', ao incrementar en 470 euros a débeda por habitante. En resposta a unha pregunta oral, David Cabañó incidiu en que a condonación é unha redistribución da débeda, é dicir, non desaparece, senón que se redistribúe entre todos os españois, prexudicando ás comunidades menos endebedadas. Así, no caso de Galicia, cada galego deixaría de asumir 896 euros de débeda galega e pasaría a ter que asumir 1.366 euros de débeda do conxunto das CC.AA. Así mesmo, lembrou que a condonación tampouco daría ás comunidades unha maior capacidade de gasto, ao non permitir utilizar o importe para incrementar políticas de gasto.
Galicia comeza 2025 con 121.320 persoas no paro, a cifra máis baixa nun mes de xaneiro desde que hai rexistros (1996), e acumula 16.559 novas afiliacións á Seguridade Social en relación con xaneiro de 2024, acadando, con 1.067.089 cotizantes, o mellor dato neste mes desde hai 16 anos. O dato de persoas desempregadas sitúanos ademais como a cuarta Comunidade con maior porcentaxe de caída no último ano, máis dun punto por riba da media española. En relación coa comparativa interanual, o desemprego cae nas catro provincias galegas, nas sete grandes cidades e en todos os colectivos prioritarios nas políticas activas de emprego da Xunta como os menores de 30 anos, as mulleres e os parados de longa duración.
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou en tres reunións mantidas entre unha delegación de 20 representantes rexionais e membros da nova Comisión Europea encabezada por Ursula Von der Leyen: a vicepresidenta executiva de Persoas, Capacidades e Preparación, Roxana Mînzatu, o vicepresidente executivo de Cohesión e Reformas, Rafaelle Fitto, e o comisario de Orzamento, Loita contra a Fraude e Administración Pública, Piotr Serafin. As tres reunións celebráronse no edificio Berlaymont, sede do executivo comunitario. A delegación rexional, liderada polo presidente da rexión francesa de Nova Aquitania, Alain Rousset, representou ás 144 rexións europeas que conforman a alianza #EURegions4Cohesion, da que forman parte as 17 comunidades coordinadas por Galicia.
A iniciativa ten por obxectivo que os mozos e mozas galegas conten cun incentivo económico á hora de independizarse, xa sexa nunha vivenda alugada ou en propiedade, para sufragar 'a adquisición de mobiliario' ou diversos artigos como os decorativos, obxectos do baño, téxtil ou 'certos electrodomésticos esenciais', así como gastos de xestoría, notaría ou mudanzas. Trátase dunha liña de apoio 'complementaria' a outras que teñen que ver co prezo de compra dun inmoble ou a renda do alugamento.
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado do director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, reuniuse hoxe en Madrid coa secretaria de Estado de Comercio, María Amparo López Senovilla, ante a que debullou a aposta de Galicia a prol do comercio de proximidade e instou á necesidade de sumar esforzos entre as administracións, demandando que a Comunidade poida acceder a recursos Next Generation que o Goberno reservou e non está a executar- para a materialización dos proxectos singulares dirixidos ao sector que prevé impulsar a Xunta este ano.
A Xunta de Galicia, coa finalidade de apoiar ás persoas que se atopan nunha situación de vulnerabilidade, vén de poñer en marcha varias medidas para garantir o pago e a tramitación da Renda de inclusión social de Galicia (Risga), das Pensións non contributivas (PNC) e das Axudas de inclusión social (AIS) mentres dure a emerxencia sanitaria. Estas medidas están orientadas a flexibilizar e axilizar as solicitudes das persoas que teñan que pedir estas axudas ou que xa están na metade da súa tramitación.
A Consellería de Economía, Emprego e Industria informa de que, tal e como se acordou polo Centro de Coordinación Operativa (Cecop) de Galicia, a rede de oficinas de emprego do Servizo Público de Emprego de Galicia pecha desde hoxe as súas portas ao público para ofrecer aos cidadáns atención tanto telefónica como telemática para a realización dos trámites urxentes, debido ás medidas adoptadas pola evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19.
Esta acción enmárcase neste novidoso programa formativo de liderado, creatividade e empoderamento feminino co que se pretende chegar a un total de 400 mulleres galegas e que aínda ten aberto o seu prazo de inscrición nas cidades de Lugo e Ourense. De feito, á xornada na que se realizaron dúas mesas redondas sobre liderado feminino e directiva 4.0, así como un relatorio sobre a mentalidade do desafío- asistiron candidatas a formar parte de Son Executiva.
As I Xornadas Internacionais de Madeira 2020 están organizadas pola Axencia Galega da Industria Forestal (Xera) en colaboración coa Escola de Arquitectura de Cesuga. A industria da madeira facturou en 2018 un 2% máis que o ano anterior, emprega a máis de 21.000 persoas, e incrementou un 4,6% o seu volume de exportacións. A presenza internacional da madeira galega é cada vez maior grazas ao sector do contract no que traballan un centenar de empresas en máis de 100 países.
As iniciativas abraguen actividades do sector industrial da automoción; do sector agroalimentario, como a elaboración de viños, pan e bolería; e dos servizos, como centros para maiores e escolas infantís, clínicas dentais, de fisioterapia e podoloxía ou restaurantes especializados. O investimento medio por proxecto é de preto de 152.000 euros, correspondéndose máis do 47% das iniciativas ás impulsadas por autónomos e as restantes por sociedades mercantís.
Trátase dun complemento do que se beneficiarán 38.500 galegas e galegos perceptores de pensións non contributivas, do Fondo de Asistencia Social e do Subsidio de Garantía de Ingresos Mínimos. Estes 206 serán ingresados de oficio e abonados nun único pagamento nos dez primeiros días do mes de xaneiro. Así se reflicte nos orzamentos de 2020 que contemplan unha partida destinada a esta finalidade.
A mellora dos resultados obtidos nos controis que realiza periodicamente o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia nas zonas de produción marisqueira permitiu que desde a semana pasada sete desas zonas de produción mellorasen a súa clasificación microbiolóxica, o que facilita o labor do sector. As análises realizadas nestas áreas de traballo revelaron de xeito continuado menores niveis de contaminación pola bacteria E. Coli.
As catas dan comezo este mércores, no Centro Integrado de Formación Profesional Compostela, sito en Lamas de Abade. Ese día arrancará a XVIII Cata dos Meles de Galicia, mentres que os días 28 e 29 destinaranse á XXII Cata dos Queixos de Galicia. Un labor que levará a cabo un panel de sete expertos, no caso dos meles, e doce no dos queixos, encargados de analizar totalmente a cegas e de forma minuciosa as mostras, para pasar a seleccionar as marcas gañadoras.
O Leader ten un orzamento de 84 millóns de euros dentro do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e actualmente arredor do 85% dos seus fondos están xa comprometidos. Estes recursos, xestionados por cada un dos GDR no seu respectivo ámbito xeográfico, serven para dinamizar o territorio e impulsar un desenvolvemento harmónico do noso agro cun enfoque de abaixo a arriba.
A Fundación Juana de Vega coordina o primeiro encontro de diagnose no marco da Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia que se está desenvolvendo en virtude dun convenio de colaboración subscrito o pasado mes de agosto entre a Fundación, a AGADER, a Axencia de Turismo de Galicia e o IGAPE.