Noticias

A nova edición da campaña Días Azuis da Federación Galega de Comercio sorteará 20.000 euros en premios para estimular a demanda no sector

A campaña é froito da colaboración entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Comercio e conta co apoio das Federacións Provinciais de Comercio, as asociacións de comerciantes, os centros comerciais abertos de Galicia e de Abanca. Poderán participar nesta edición todas as persoas que merquen nos establecementos de proximidade de Galicia nas datas da campaña e coa súa participación entrarán nun sorteo de 44 tarxetas por valor de 250 euros e 60 de 150 euros para mercar nos comercios minoristas galegos atendendo ao que establecen as bases da campaña. Para participar deben rexistrar directamente a súa compra en www.diasazuis.com a través de calquera dispositivo electrónico (móbil, tablet ou ordenador).

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou hoxe na presentación da 12ª edición da campaña Días Azuis do Comercio Galego, que se desenvolverá entre o 10 e o 30 de xuño e que está aberta aos arredor de 20.000 establecementos comerciais de Galicia. No marco desta iniciativa sortearanse 20.000 euros en premios co fin de estimular a demanda, o comercio de proximidade, reactivar o consumo e dinamizar o sector.

A campaña é froito da colaboración entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Comercio e conta co apoio das Federacións Provinciais de Comercio, as asociacións de comerciantes, os centros comerciais abertos de Galicia e de Abanca.

Durante a presentación, o director xeral salientou a importancia do pequeno comercio para consolidar o emprego e favorecer a posta en marcha de novas iniciativas emprendedoras. Nesta liña, puxo de relevo a importancia de accións coma esta para facilitar o desenvolvemento da actividade comercial, impulsar as vendas polo miúdo e, ao mesmo tempo, garantir o mantemento dos negocios promovendo a remuda xeracional.

Ademais, engadiu Gabriel Alén, este tipo de actividades contribúen a visibilizar e crear relacións de afinidade co comercio de proximidade, posicionando a súa imaxe, as súas vantaxes e características xeradoras de confianza. De feito, na edición anterior esta campaña distribuíuse entre 160 asociacións de Galicia, chegou a 18.000 establecementos e rexistrou máis de 120.000 participacións.

Participación

Poderán participar nesta edición todas as persoas que merquen nos establecementos de proximidade de Galicia nas datas da campaña e coa súa participación entrarán nun sorteo de 44 tarxetas por valor de 250 euros e 60 de 150 euros para mercar nos comercios minoristas galegos atendendo ao que establecen as bases da campaña.

Para participar deben rexistrar directamente a súa compra en www.diasazuis.com a través de calquera dispositivo electrónico (móbil, tablet ou ordenador). A participación tamén pode ser rexistrada polo comerciante a través da plataforma www.diasazuis.com/comercios, onde se pode introducir directamente a operación de compra dos clientes, duplicando deste xeito as súas opcións de gañar.

A campaña inclúe material de promoción que estará dispoñible nos comercios, como folletos, carteis informativos e cartas explicativas coas bases da campaña. Os establecementos tamén poden promocionar esta iniciativa nas súas redes sociais co cancelo #díasazuis e, a maiores, poden realizar accións complementarias durante a campaña como descontos especiais e actuacións, entre outras.

Colaboración e outras accións

Esta campaña enmárcase no convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Federación Galega de Comercio para avanzar na innovación, dixitalización e dinamización do comercio. Nel inclúense outras accións como consolidar unha Oficina de orientación, asesoramento e información ao comercio galego e de formación no asociacionismo, prestando especial atención ao emprendemento, cualificación e mantemento da actividade, e tamén o mantemento da Plataforma Dixital Centralizada E-tícket, dirixida a axilizar e mellorar a relación e o contacto coa clientela.

Súmase a outras accións para impulsar o comercio local como o Bono remuda, unha convocatoria novidosa da Xunta que sae publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia cun orzamento de 1,5 millóns de euros para fomentar o traspaso de negocios e garantir a súa permanencia no seo do tecido produtivo galego. Tamén o Bono Activa Comercio, que na súa 5ª edición logrou mobilizar 12 millóns de euros en vendas con case 7.000 negocios adheridos en toda Galicia e que se reeditará en outono.

R., 2024-06-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (estudantes.jpg) A Consellería de Educación vai dotar aos centros educativos de apoios específicos de acompañamento, formación e recursos materiais para desenvolver os novos programas de reforzo Avanza Lectura e Avanza Matemáticas, que se van poñer en marcha este curso en Primaria ao abeiro do novo Marco galego para o impulso educativo. O conselleiro Román Rodríguez reuniuse co Consello Escolar de Galicia para avaliar o inicio de curso e dar conta das accións da Xunta enfocadas a 'reforzar aprendizaxes apoiando a quen máis o precise, fomentar a cultura do esforzo e impulsar unha mellora integral e continua do sistema'.
Foto de la tercera plana (incendios-xente.jpg) O Consello da Xunta analizou na súa reunión de hoxe un informe da Consellería do Medio Rural sobre o anteproxecto de Lei de loita contra os incendios forestais de Galicia (LLCIF), antes da súa remisión para consulta ao Consello Forestal de Galicia, cuxa reunión está prevista para mañá martes. A futura normativa prioriza reforzar a protección da poboación e a xestión integral do territorio. O presidente do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, lembrou que actual lexislación sobre incendios forestais 'ten case 20 anos' e 'cómpre actualizarla e adaptala aos novos tipos de lumes así como aos avances que houbo tanto na loita como na prevención de incendios'.

Notas

A Universidade de Santiago de Compostela presenta a súa programación para o Outono Cultural de 2026, unha proposta que reúne música, exposicións, audiovisual, teatro e formación, con novas iniciativas que amplían a oferta en materia de cultura da institución. Entre as principais novidades no campus compostelán destaca ‘Sons de peto’, un novo ciclo de música de pequeno formato pensado para un gran espazo como a Igrexa da Universidade.
Ecofeminismo, arte en contexto, comunidade, herdanza e territorio. Estes cinco conceptos guían ao longo desta semana os once artistas, investigadoras e investigadores que participan en Ons na residencia Geografía Poética, promovido pola profesora da Facultade de Belas Artes da UVigo Holga Méndez e a docente da Universidad de Zaragoza Belén Díez, no marco da rede europea Artistic Intelligence. Responsiveness, accessibility, responsibility, equity (ARTinRARE).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES