
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta tarde na Coruña nas I Xornadas Internacionais de Madeira 2020 organizadas pola Axencia Galega da Industria Forestal (Xera) en colaboración coa Escola de Arquitectura de Cesuga, onde subliñou que Galicia aposta polo talento verde e polas novas tecnoloxías para impulsar a construción en madeira e o crecemento da industria forestal.
Na súa intervención, o conselleiro referiuse á aposta da Xunta pola bioeconomía no seu obxectivo de contar cunha Galicia máis verde. Neste sentido, a Consellería pretende fortalecer o talento verde apostando polo sector forestal. Lembrou que nos últimos 4 anos se investiron preto de 45 millóns de euros en axudas ao sector para mellorar a formación -con máis de 3600 beneficiarios- e estimular a transformación dixital. E este ano executaranse 14 M da Axenda da Industria Forestal para incorporar as novas tecnoloxías, a innovación e o ecodeseño.
Conde destacou o compromiso da Xunta pola bioconstrución, na que a madeira ten un papel protagonista pola súa natureza reciclable, a súa capacidade para absorber CO2 ou pola maior eficiencia enerxética. A Xunta, ademais de promocionar as vantaxes de construír con madeira está executando proxectos exemplares utilizando a madeira en edificios públicos como centros de saúde, escolas infantís ou edificios administrativos.
A industria da madeira continúa a súa expansión e, así, en 2018 facturou un 2% máis que o ano anterior, 230 M; emprega a máis de 21.000 persoas e incrementou un 4,6% o seu volume de exportacións. A presenza internacional da madeira galega é cada vez maior grazas ao sector do contract no que traballan un centenar de empresas que desenvolven a súa actividade en máis de 100 países con 9000 proxectos.
A sexta edición de 6coreógrafas acollerá dúas estreas: Trés bien, de Marta Alonso Tejada, un dúo de danza contemporánea de rúa interpretado por María de Vicente e Inés Santos que explora o esforzo de sosterse e permanecer xuntas, e BenQuererme, un solo de de Fran Sieira, que combina danza tradicional e contemporánea para reflexionar sobre o autocoidado emocional e o amor propio. A programación completarase con Suit(e), de Furia Sotelo, un diálogo entre a danza de Nuria Sotelo e o violonchelo de Millán Abeledo, e Bipedestrucción, da compañía navarro-galega Disiden.cia, unha peza de rúa para todos os públicos que aborda desde o humor a identidade, a diversidade e a importancia da comunidade.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Goberno autonómico vén de autorizar na reunión desta mañá o envío ao Consello Consultivo de Galicia do decreto polo que se crea o Rexistro de autorizacións e concesións no dominio público marítimo-terrestre (DPMT). 'Isto vai situar Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral', indicou. 'Imos habilitar un sistema para que a cidadanía poida coñecer en todo momento os usos e autorizacións vixentes na costa galega', salientou o presidente sobre un Rexistro, concibido para incorporar progresivamente as autorizacións e concesións no DPMT e que permitirá sistematizar e ampliar a información dispoñible sobre as actividades autorizadas, o que resulta fundamental para avanzar na planificación, protección e xestión integrada da costa galega así como reforzar a seguridade xurídica das actividades e proxectos.