//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias economia
Galicia é a Comunidade na que más baixou o paro en xullo, e na que máis creceron as afiliacións á Seguridade Social na evolución mensual. Na evolución mensual, o desemprego baixou nun -3,91% e as afiliacións subiron nun 1,49%, o que supón 15.046 afiliados máis á Seguridade Social, superando, ademais, o ritmo de incremento do Estado nun 1,3%. É, polo tanto, o segundo mes consecutivo no que Galicia se comporta mellor que a media nacional. Con respecto á evolución anual, Galicia pecha xullo co menor número de desempregados desde setembro de 2008.
Galicia consolídase como a comunidade autónoma que paga as súas facturas con máis axilidade, ao acadar un período medio de pago de 13 días, fronte aos 34 días de media autonómica, segundo os datos oficiais referentes ao mes de maio e publicados hoxe polo Ministerio de Facenda. Ao peche do mes de maio, o período medio de pago de Galicia situouse 17 días por debaixo do límite que establece a normativa estatal. Pola contra, a media autonómica situouse en 34 días, o que ratifica que Galicia está a aboar os seus pagamentos 20 días antes que o conxunto das comunidades.
A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, asinou hoxe co Ministerio de Fomento o convenio para o desenvolvemento en Galicia do Plan Estatal de Vivenda, con horizonte ata o ano 2021, no marco do que a Xunta publicará en agosto novas axudas por importe de 12,5 millóns de euros. Vázquez Mourelle explicou que estas novas subvencións se dirixirán á mellora da eficiencia enerxética nas vivendas; ao fomento da conservación, seguridade e accesibilidade; e á adquisición de vivendas en concellos de menos de 5.000 habitantes por mozos menores de 35 anos.
A Xunta ten previsto mobilizar 15 millóns de euros en préstamos para impulsar o acceso ao circulante das pemes e os autónomos galegos a través do lanzamento nas próximas semanas dunha nova convocatoria do programa Resolve, co obxectivo de colaborar co tecido empresarial galego e contribuír ao mantemento do emprego mellorando a situación financeira de arredor de 100 pequenas e medianas empresas. Así, favorecerase o funcionamento diario das pequenas e medianas empresas facilitando a concesión de préstamos a partir de 3000 euros. Como novidade este ano, increméntase o importe máximo dos créditos ata os 500.000 euros, fronte aos 150.000 da anterior convocatoria.
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, salientou hoxe que Galicia vai recibir un total de 170 millóns de euros dos fondos de emprego dos Orzamentos Xerais do Estado, que supoñen un 8,7% máis que o pasado ano e que a converten na terceira comunidade que rexistra un maior incremento. Segundo precisou, son 13,3 millóns de euros máis cos que Galicia, grazas ao seu grao de cumprimento das políticas activas de emprego, duplica a media das comunidades autónomas no reparto de fondos, que é do 3,2%.
A Xunta e a Fundación Barrié veñen de asinar o convenio de colaboración para impulsar a segunda edición do programa Ignicia co obxectivo de seguir apoiando o acceso ao mercado de proxectos de investigadores galegos a través da análise e a elaboración dos plans de desenvolvemento e comercialización. Este acordo, segundo explicou o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, dá continuidade ao subscrito en xaneiro de 2016 para o desenvolvemento da primeira edición desta iniciativa, que permitiu apoiar un total de 9 proxectos cun investimento de 4 millóns de euros en sectores como as TIC, o aeronáutico e a biotecnoloxía.
A comisión territorial de seguros agrarios reuniuse hoxe na Consellería do Medio Rural e valorou os avances neste ámbito en Galicia. Entre os datos destacados, a directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, sinalou os cinco millóns de euros que este ano achegaranse para subvencionar as distintas liñas de seguros en Galicia. Trátase da cantidade máis alta dos últimos seis anos. De feito a Xunta de Galicia fixo un importante esforzo para compensar a baixada de 10 puntos porcentuais que aplicou o Ministerio a todas as liñas de seguro agás a retirada de cadáveres.
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, sinalou hoxe que a Xunta vai impulsar a posta en marcha de Hubs de Innovación Dixital como punto de encontro entre a empresa, a investigación e o financiamento. Así, avanzou, nunha xornada celebrada en Santiago de Compostela, que despois do verán se realizará a primeira convocatoria, baixo concorrencia competitiva, para identificar os Hubs que todos os axentes do sistema innovador queren impulsar en Galicia. A través da fórmula dos Hubs de Innovación Dixital, a Administración autonómica busca cohesionar a todos os axentes en torno a sectores estratéxicos
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe, durante a sinatura do protocolo de colaboración da Xunta e as empresas comercializadoras de enerxía eléctrica de referencia Iberdrola, EDP, Endesa Energía XXI, CHC, Viesgo e Gas&Power-, que este acordo protexerá aos consumidores máis vulnerables garantindo o seu acceso continuado aos servizo. Este protocolo ten como obxectivo establecer as actuacións que desenvolverán para evitar os cortes de subministración.
A Xunta de Galicia aboará xa na nómina do mes de xullo unha suba salarial do 1,5% aos seus empregados públicos, unha vez que os Orzamentos Xerais do Estado entraron en vigor e permiten ás administracións aplicar este incremento. Ademais, na nómina de xullo incluirase tamén un pago adicional duns 250 euros correspondente á aplicación desta suba salarial entre os meses de xaneiro e xullo, dado que a medida ten carácter retroactivo e ten efectos desde o 1 de xaneiro, tal como establece o acordo para a mellora do emprego público asinado o pasado mes de marzo entre o Ministerio de Facenda e os sindicatos CCOO, UGT e CSIF.
A XXIII edición da Cata dos viños de Galicia 2011 congrega un total de 185 caldos nun encontro que remata o xoves 21 de xullo cunha cata final. Outras 16 marcas compiten na XIII Cata de Augardentes. O evento conta coa participación dos cinco consellos reguladores das denominacións vinícolas.
Máis de 30 profesores e persoal administrativo da universidade debaten sobre o presente e o futuro do plan de financiamento universitario no seminario O financiamento das universidades públicas, novos desafíos inaugurado polo conselleiro de Educación da Xunta.
O Foro E. Peinador celebrou unha nova edición dos Encontros en Lestrobecoa asistencia dunha vintena de empresas e representantes institucionais que o integran, nomeadamente a Secretaría Xeral de Política Lingüística e os reitores das tres universidades galegas, que se incorporaron hai xa seis meses.
El Comité Asesor, integrado por todas las asociaciones gallegas de Transporte de Viajeros y Mercancías ha diseñado un completo programa de jornadas técnicas.
O Rexistro Galego de Comercio contará polo momento con tres seccións, de comerciantes, de venda ambulante e de asociacións de comerciantes, que está á disposición dos cidadáns a través da web da Consellería que pretende convertilo nun instrumento eficaz para a modernización do sector.
O presidente da Xunta, Núñez Feijóo, solicita ao Goberno central que manifeste o mesmo interese polos traballadores do naval que acreditou por outros sectores como o do carbón. Trasládalle ao comisario Joaquín Almunia a preocupación polos efectos directos e indirectos sobre a economía galega destas medidas sobre o sector naval.
A nova Lei de vivenda garantirá os dereitos dos consumidores, ao tempo que establecerá medidas de dinamización do sector. Crearase un Rexistro de Promotores, a través do cal os adquirentes poderán acceder á unha ampla información sobre o promotor da súa vivenda.
Avanzaron posicións con respecto á fusión entre a Fundación Lucense e o CTLácteo. Engaden que a Universidade requeriu modificacións nos informes elaborados para levar a cabo este proceso.
Na visita, Vidal presentoulles aos convidados a iniciativa do Clúster Alimentario de Galicia e a traxectoria da Ptgal.
O Cetal e Nexum Galicia-AIE asinan un protocolo de colaboración para a realización dun proxecto de desenvolvemento tecnolóxico sobre Valorización de subprodutos da industria cárnica.