Notas de prensa

O Foro E. Peinador celebra un novo encontro empresarial

O Foro E. Peinador celebrou unha nova edición dos “Encontros en Lestrobe”coa asistencia dunha vintena de empresas e representantes institucionais que o integran, nomeadamente a Secretaría Xeral de Política Lingüística e os reitores das tres universidades galegas, que se incorporaron hai xa seis meses.

Os participantes no debate coñeceron os avances no proceso aberto de incorporar a lingua galega ás actividades empresariais. Foron informados polo Presidente do Foro das adhesións de novas empresas e da galeguización da etiquetaxe de varias marcas comerciais que se unen a outras que xa se comercializan. O sector vinícola é, con moita diferenza, o máis galeguizado, cifrándose nun 47% as adegas que etiquetan os seus envases en galego.

DEREITOS LINGÚÍSTICOS DOS TRABALLADORES, CONSUMIDORES E USUARIOS.-

A estratexia do Foro E. Peinador para o próximo ano centrarase na difusión dos dereitos lingüísticos dos consumidores e usuarios, e dos traballadores na negociación colectiva. A tal fin preparase un acto conmemorativo dos vinte anos de aprobación polo pleno do Consello Galego de Relacións Laborais da cláusula dos dereitos lingüísticos no texto dos convenios colectivos en colaboración con dito Consello.

CURSO DE FORMACIÓN PARA CADROS DIRECTIVOS.-

Unha boa parte do debate dedicouse a estudar iniciativas para incorporar aos traballadores e cargos xerenciais ao proceso de galeguización das empresas, para acadar este fin o próximo ano celebrarase un curso formativo baixo o rubro “Xestionar a economía e as singularidades da identidade” coa participación das tres universidades, con invitación expresa ao Instituto Tecnolóxico Empresarial e a Escola de Negocios de Novacaixagalicia.

RECOÑECEMENTO PÚBLICO E DISTINCIÓNS Á EXCELENCIA.-

Os participantes no debate consideran fundamental artellar o deseño dunha pedagoxía que contribúa a combater os prexuízos lingüísticos. A historia de Galicia conta con exemplos de empresarios con éxito nos negocios e unha inequívoca identificación dos seus negocios coa cultura e lingua galega. Isidro Parga Pondal, investigador e empresario de minas; Ramón Obella Vidal, médico e fundador da empresa farmacéutica Zeltia ou Enrique Peinador Lines, propietario das Augas e Balneario de Mondariz, son algúns deses exemplos senlleiros. Todos os tres porán os seus nomes ás distincións que recoñecerán á excelencia na investigación e a imaxe corporativa ás actividades que poñen o acento nos nosos sinais de identidade.

RECUPERAR A MEMORIA DE ISIDRO PARGA PONDAL.-

Acordouse, seguindo o labor principiado polo Foro E. Peinador con outros empresarios, de recuperar a memoria do investigador e empresario Isidro Parga Pondal coa edición dun estudo elaborado polo profesor Ricardo Gurriarán. As tres Universidades Galegas participarán de maneira especial nesta homenaxe coa participación do Laboratorio Xeolóxico de Laxe creado por Parga Pondal.

DIFUSIÓN DO DISCURSO DA GALEGUIDADE EMPRESARIAL.-

O Foro E. Peinador ten previsto celebrar en varios polígonos industriais e no Parque Tecnolóxico de Galicia, en Ourense, actos para difundir o discurso da galeguidade empresarial.

O FORO E. PEINADOR E AS NOVAS TECNOLOXÍAS.-

O Foro E. Peinador está a difundir as súas actividades a través das redes sociais (facebook e youtube) na súa web www.galeguizargalicia.com e na súa canle de televisión por internet www.galeguizargalicia.tv . En todas estas plataformas dán a coñecer as súas iniciativas e campañas de sensibilización co idioma, dun xeito imaxinativo e con contido pedagóxico.

PARTIPANTES NO ENCONTRO CELEBRADO.-

1. Xosé González Martínez, Presidente do Foro E.Peinador
2. Carlos Varela García, Fiscal Superior de Galicia
3. Juan Casares Long, Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
4. Salustiano Mato de la Iglesia, Reitor da Universidade de Vigo
5. Xosé María Barja Pérez, Reitor da Universidade da Coruña
6. Anxo Lorenzo Suárez, Secretario Xeral de Política Lingüística
7. Demetrio Fernández López, Presidente Consello Galego de Relacións Laborais
8. Luís M. García Mañá, Xefe Superior de Policía de Galicia
9. Xosé Domínguez, director financieiro de Factorias Vulcano
10. Fernando Alcalde, Presidente do Clúster do Naval, ACLUNAGA
11. Francisco González, director-xerente do Grupo Lantero
12. Casián García, director-xerente de “Celtic Estores”
13. Manuel Pozo, directivo de “Egatel”
14. Xerardo García Albela, director xeral de “Itelsis”
15. Xosé Manuel Ordoñez, directivo de “R. Telecomunicacións”
16. Xosé Turnes, director xeral de “Progando”
17. Francisco Novoa Rodríguez, director xeral de “Grupo Academia Postal”
18. Xosé L. Vázquez, director xeral do “Grupo Sargadelos”
19. Xosé Otero, director xeral “Pousadas de Compostela”.
20. Manuel Rial, director-xerente de “Seguridade A-1”
21. Ana Búa Casas, directora xeral de “Runadcat”
22. María Montse Maceiras, directora-xerente de “Granitos Maceiras”
23. Ciprián Rivas, xefe gabinete reitorado U.de Vigo










Foro E. Peinador, 2011-07-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES