Notas de prensa

O financiamento das universidades públicas, a debate en Compostela

Máis de 30 profesores e persoal administrativo da universidade debaten sobre o presente e o futuro do plan de financiamento universitario no seminario “O financiamento das universidades públicas, novos desafíos” inaugurado polo conselleiro de Educación da Xunta.

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, inaugurou , en Santiago, o seminario “O Financiamento das universidades públicas: novos desafíos”.

Durante a súa intervención o conselleiro sinalou que “estamos ante un novo modelo de financiamento universitario para Galicia, que ten como principios reitores a estabilidade financeira -garante de que os recursos de cada universidade se irán incrementando en relación directa cos seus resultados- a eficiencia e a equidade institucional”, ao tempo que recordou que ditos principios susténtanse sobre tres piares fundamentais “a subvención fixa, un financiamento variable, e o principio de flexibilidade”. Neste punto Vázquez Abad dixo que “o Plan de Financiamento do Sistema Universitario de Galicia se caracteriza pola flexibilidade, o dinamismo, a eficiencia, a equidade e a sostenibilidade, o que coloca á nosa comunidade nunha posición de vangarda na concreción dos modelos de financiamento”.

A xornada, que durante o día de hoxe reúne a máis de 30 profesores e persoal administrativo da universidade falará sobre o presente e o futuro do plan de financiamento universitario.

O programa

Así ao longo da xornada inaugural os relatorio xiran en torno a estrutura de dito plan de financiamento a cargo de Mariam Camarero, do departamento de Economía Aplicada da Universidade Jaume I, de Castellón. Mentres que o catedrático de Economía Cuantitativa da Universidade de Santiago José Carlos de Miguel falou do papel dos indicadores no financiamento universitario. Posteriormente o director da Academia Empresa Familiar , Juan Corona, falará das Relacións entre a universidade e a empresa.

E o encontro rematará cunha mesa redonda que xirará en torno ao tema do seminario e que contará coa presenza de representantes dos departamentos de economía das tres universidades galegas. Este debate será moderado polo secretario xeral de Universidades da Consellería e organizador do encontro, José Alberto Díez de Castro.


Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2011-07-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES