Notas de prensa

A Xunta traslada a Almunia o rexeitamento de Galicia ás medidas sobre o naval

O presidente da Xunta, Núñez Feijóo, solicita ao Goberno central que manifeste o mesmo interese polos traballadores do naval que acreditou por outros sectores como o do carbón. Trasládalle ao comisario Joaquín Almunia a preocupación polos efectos directos e indirectos sobre a economía galega destas medidas sobre o sector naval.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, falou co comisario da Unión Europea Joaquín Almunia para trasladarlle o rexeitamento de Galicia ás últimas decisións sobre o sector naval, medidas que o titular do Goberno galego cualificou de “abruptas” e das que, dixo, se tomaron sen meditar os seus efectos “directos e indirectos” sobre a economía galega e española.

Feijóo destacou que a Xunta leva traballando co sector naval desde o principio da lexislatura con todas as medidas de apoio dispoñibles -avais, axudas e subvencións- e “mostrando un compromiso inequívoco con este sector económico e empresarial”. “Porque seguimos insistindo en que Galicia sabe facer barcos competitivos, adquiridos por empresas europeas e americanas, e barcos de guerra mercados por outras mariñas como a australiana e a noruega”, destacou. “Pero é certo que a Xunta non o pode facer soa e necesita que o Goberno de España, en colaboración leal, traballe coa Xunta ante a Unión Europea”, engadiu.

Neste sentido, o presidente de Galicia desvelou que lle enviou unha carta a Rodríguez Zapatero sobre este tema hai máis dun mes, unha comunicación que non fixo pública “porque non se trata de discutir, senón de construír”.

Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, Feijóo solicitou ao Goberno de España o mesmo interese polo sector naval que acreditou por outros sectores como o do carbón. “Se o Goberno de España fixo ver a toda Europa que eran posibles axudas ao carbón nacional, este pleito que temos neste momento coa UE é moito máis sinxelo primeiro, porque hai países que xa están facendo bonificacións e axudas aos estaleiros; segundo, porque este réxime leva existindo 9 anos e non pasou nada; e terceiro, porque evidentemente hai capacidade de mediar ante as institucións europeas xa que non se pode de ningún xeito e menos dun xeito abrupto que todo o que leva funcionando 9 anos deixe de funcionar en 9 días”, destacou.

“É verdade que a maioría do sector naval de España, polo menos o civil, está en Galicia e polo tanto espero e desexo que o mesmo interese que o Goberno de España tivo co sector do carbón, que afectaba a outras comunidades, o teña cos traballadores do sector naval da ría de Vigo, Marín, Ferrol e A Coruña”, concluíu o presidente galego.

Fotografía: arquivo GD / Xunta de Galicia

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2011-07-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES