Notas de prensa

O padroado do Cetal aproba os orzamentos e o plan de actuación para 2012

Avanzaron posicións con respecto á fusión entre a Fundación Lucense e o CTLácteo. Engaden que a Universidade requeriu modificacións nos informes elaborados para levar a cabo este proceso.

A Fundación Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo celebrou, na Casa Consistorial da capital lucense, unha xuntanza ordinaria do seu Padroado. Na orde do día, trataron, entre outros puntos, a aprobación dos orzamentos para o 2012, así como o Plan de actuación.

Neste apartado, o director do CETAL detalla que aprobaron un orzamento de explotación de 2.289.000 euros e uns investimentos que acadarán un valor de 700.000 euros, na súa maior parte destinados a proxectos, que redundarán na consolidación dos obxectivos fundacionais da entidade, unha vez posta en marcha a nova sede (en San Fiz), que esperan se poña en funcionamento no segundo semestre do presente ano.

En canto ao Plan de actuación pormenorizaron nas fases en que se atopa cada proxecto que ten en marcha o CETAL e as fases que corresponderán ao próximo ano. Cabe salientar que a entidade lucense continuará con:
Proxecto RESIC- PHS (Proteína hidrolizada soluble).
Proxecto SUERLAC (Soros Lácteos) 2ª Fase.
Proxecto fertilizante a partir da casca do mexillón.
Programa PICEECO. Programa de apoio á competitividade das empresas ecolóxicas españolas.
SEGUNDO BARÓMETRO DE PERCEPCIÓN E CONSUMO DE ALIMENTOS ECOLÓXICOS EN GALICIA.
Proxecto ALGAS-VALECO. Utilización de algas en alimentación de vacún ecolóxico.
Proxecto ARMILLARIA, desenvolvemento dun sistema de loita biolóxica contra a Armillaria.
Deseño integral de novas referencias de alimentos ecolóxicos de II, IV e V gama.
Proxecto Life+ SOUTOS.
Proxecto AMIGA.
Proxecto SIC, Sistema de Información do CETAL.
Implantación dun LABORATORIO BIOLÓXICO MULTISECTORIAL. Posta en marcha do servizo de laboratorio biolóxico para procesos de certificación e homologación de materias primas e produtos alimentarios.
Proxecto do Matadoiro Móbil de Aves.
Proxecto para a experimentación do cultivo de trufa e a súa potencial introdución en Galicia.

Por outra banda, Eduardo Vidal sinala, que “se avanzou nas posicións” dos membros integrantes do Padroado con respecto ao proceso de fusión do CETAL- CTLácteo. Neste senso, Vidal sinala que quedou previsto celebrar un novo padroado, que esperan se leve a cabo en vindeiras datas, para tomar unha decisión definitiva ao respecto. Explica que “houbo intercambios de opinións e que a universidade requiriu modificacións nos informes para chegar a un acordo definitivo sobre a fusión”.

Nesta xuntanza estiveron presentes Eduardo Vidal, director xeral do Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo; José López Orozco, alcalde de Lugo; Samuel Juárez, conselleiro de Medio Rural; Juan Casares, reitor da Universidade de Santiago; Higinio Mougán, director xerente de AGACA; Luciano Sánchez, vicepresidente do Consello de Caixa Rural Galega; Pastor Fuenteseca, tesoureiro do padroado; Juan A. Pérez Sánchez-Orozco, coordinador provincial XXAA; e Carmen Andrade Perdrix, asesora do secretario xeral de Universidades do Ministerio de Educación. Por outra banda, Rosa Aguilar, ministra de Medio Ambiente e presidenta da Fundación CETAL; Isabel Bombal, directora xeral de Industrias do MARM; José Abellán Gómez, vicesecretario xeral Técnico do MARM; Emilio Rial Pais, representante da Federación de Industrias Agroalimentarias e Bebidas; e José Ma. Barja Pérez, reitor da Universidade de A Coruña, delegaron as súas funcións no alcalde de Lugo; así mesmo, Jesús Vázquez Abad, conselleiro de Educación delegou en Ma. Jesús Tallón, subdirectora xeral de Promoción científica universitaria; Javier Guerra Fernández, conselleiro de Economía, delegou en José Riesgo Boluda, secretario xeral desta consellería; e Agustín Hernández, conselleiro de Medio Ambiente, delegou en José Ma. López Vega, xefe territorial de Lugo desta consellería.

Gabinete de Comunicación do Cetal, 2011-06-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES