
E, deles, 5,7 millóns son os que van destinados a impulsar a formación de persoas desempregadas e ocupadas. Estes fondos adicionais, dixo, van permitir chegar a máis desempregados e a máis ocupados para dar resposta ás necesidades que ten o tecido produtivo en formación, e vinculadas aos novos perfís profesionais cada vez máis exixentes, sobre todo, polo impacto das novas tecnoloxías, abondou.
Nesta liña, destacou que, no conxunto de España, Galicia está a tomar a dianteira no relativo á cualificación para o emprego, con programas que están a ser pioneiros ao incentivar a formación á medida das necesidades das empresas.
Ao respecto, mencionou as Unidades Formativas, cun orzamento de 9,5 millóns de euros, para ofrecer formación á carta para máis de 5.000 profesionais en activo ou desempregados; así como os obradoiros duais de emprego, con preto de 30 millóns de euros de presuposto para máis de 2.350 desempregados, que combinan un contrato de formación e aprendizaxe cun posterior contrato laboral. Tamén citou os programas de formación á porta, con 4,3 millóns de euros, que están a levar por 27 concellos rurais máis de 30 cursos de formación para case 500 menores de 30 anos. E, na mesma liña, referiuse aos programas sectoriais en ámbitos estratéxicos como a automoción ou o naval.
Máis galegos contratados e con contrato estable
Conde sinalou que todos son exemplo da aposta do Goberno galego por mellorar a empregabilidade e a cualificación dos traballadores e traballadoras galegas a través da formación e contando coa implicación das propias empresas, tendo en conta a influencia que as tecnoloxías están a ter na industria.
Neste contexto, o conselleiro salientou que Galicia comeza a ver os primeiros froitos desta aposta polo emprego estable e de calidade porque neste momento supera o millón de afiliacións tras máis de 4 anos de incrementos consecutivos. Son, dixo, máis galegos e galegas contratados e máis galegos e galegas con contrato estable.
De feito, resaltou que en 2017 os contratos temporais convertidos a indefinidos superan a cifra máis alta desde o 2008. E no primeiro semestre deste ano convertéronse en indefinidos 20.654 contratos, 114 ao día; o que supón un 19% máis con respecto ao período de 2017.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.