Notas de prensa

O Arquivo Histórico da USC celebra a Semana Internacional dos Arquivos

O Arquivo Histórico Universitario da USC celebra do 8 ao 14 de xuño a Semana Internacional dos Arquivos cunha exposición temporal e unha xornada científica o martes 9 en colaboración co Grupo de Investigación do Departamento de Historia Moderna da USC que leva por título 'Galicia e Portugal: vínculos históricos e fontes documentais para o seu estudo'.

A xornada pretende dar a coñecer o traballo que están a levar a cabo varios estudosos da USC para o proxecto de investigación internacional ‘Entre España y Portugal (1640-finais do Antigo Réxime). Mobilidade transfronteiriza, circuítos económicos e culturais’. O proxecto estrutúrase en varias liñas de estudo como son a emigración laboral (1640-1807), a mobilidade feminina, a emigración ilegal, os intercambios económicos (a través do estudo do comercio marítimo e terrestre) e finalmente, o fomento de redes de cooperación internacionais, a difusión do patrimonio material e inmaterial a un lado e ao outro da raia fronteiriza e a recuperación da memoria histórica da emigración a Portugal.

Así mesmo, o Arquivo Histórico da USC está a formar parte deste proxecto en atención aos relevantes fondos documentais que custodia de interese para os estudos específicos que se desenvolven no marco deste plan de investigación e que serán obxecto de divulgación pública na xornada, tanto por parte dos relatores como de maneira particular a través da mostra que estará accesible ao público no andar baixo do Arquivo desde o 8 ata o 12 de xuño en horario de 9:30 a 14:00 horas e que contará con documentos pertencentes ao fondo do Hospital Real de Santiago, da Capitanía Xeral de Galicia, ao fondo de protocolos notariais de varios distritos, da colección de mapas, planos e cartas náuticas, dos arquivos de empresa, do concello de Santiago, do fondo de Clero así como do propio fondo universitario.

Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2026-06-05

Actualidad

Foto del resto de noticias (20261016-xunta.jpg) O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
Foto de la tercera plana (apoio.jpg) O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.

Notas

A Cátedra Rosalía de Castro da Universidade de Santiago de Compostela, dirixida por María do Cebreiro Rábade Villar e Fernando Cabo Aseguinolaza, acaba de publicar Cartas de Alejandra Murguía de Castro a Ángela Santamarina (1916-1925), un epistolario que recupera a voz dunha muller durante moito tempo eclipsada polas figuras dos seus pais e que achega novos datos sobre a familia Murguía-Castro e, de maneira moi especial, sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro.
O Congreso XoveTIC, organizado polo CITIC e a Facultade de Informática da UDC, recoñeceu os mellores traballos presentados na súa novena edición, destacando a excelencia investigadora e a innovación tecnolóxica en distintos ámbitos das tecnoloxías da información e das comunicacións. Este congreso consolídase como un espazo de intercambio de coñecemento e presentación de resultados científicos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES