//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias economia
O Conselleiro de Facenda presentou no Parlamento o teito de gasto para 2019, asegurando que é realista e prudente, e o máis san e o que menos recorre á débeda de toda a década. A revisión á alza da previsión de crecemento para 2018 queda no 2,8% e no 2,5% en 2019, polo que Galicia seguirá experimentando un forte crecemento
O presidente do Goberno Galego inaugurou as xornadas Hacia el astillero 4.0 por la transformación digital, que en Ferrol organizan Navantia e a Universidade Internacional Menéndez Pelayo.
Núñez Feijóo incide na necesidade de que Navantia prosiga co seu plan para converterse nun asteleiro máis tecnolóxico e que, por parte do Goberno central, se apoie ese esforzo con máis concreción e máis certezas, subliñando que a Axenda Galicia Industria 4.0 da Xunta, cun orzamento total de 352 millóns, xa beneficiou a máis de 7.100 empresas e permitiu a creación de máis de 18.000 postos de traballo.
alicia convértese nunha das primeiras comunidades en aprobar o teito de gasto para 2019. Un teito de gasto de 9.850 millóns de euros, o que supón que o gasto da Comunidade para o vindeiro exercicio poderá aumentar ata 363 millóns de euros, respecto ao orzamento para 2018, é dicir, un 3,8% máis. O teito de gasto non financeiro contará con máis recursos e con menos débeda, xa que a Comunidade reducirá o seu déficit ata os 69 millóns de euros, o 0,1% do PIB, o que significa que, no 2019, Galicia non dependerá practicamente da débeda pública.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ratificou, despois de reunirse co ministro de Fomento, José Luis Ábalos, que as obras do tren de alta velocidade a Galicia estarán rematadas no último trimestre de 2019: un compromiso inequívoco adquirido tanto co anterior Goberno como co actual. A partir do 2019, cando se entreguen formalmente as obras finalizadas na súa totalidade, é necesario que a Axencia de Avaliación de Infraestruturas faga as auditorías que considere oportunas, explicou Feijóo, quen agarda que as auditorías conclúan á menor brevidade posible.
Galicia lidera a caída do paro en España ao pechar o mes de setembro con 17.737 parados menos, un descenso do 9,64%, o que supón unha caída do case o dobre que a rexistrada en setembro de 2017 con respecto ao mesmo período de 2016. A baixada do 9,64% é tres puntos e medio superior á media do Estado que se situou nun -6,09%. Trátase, ademais, do terceiro maior descenso nun mes de setembro de toda a serie histórica, desde 1996. A Comunidade galega, así mesmo, encadea case 5 anos de baixadas consecutivas do paro, desde novembro de 2013, situándose a niveis de hai 9 anos.
O número de fogares galegos que chegan con facilidade ou moita facilidade a fin de mes aumentou ata o 60,1% no terceiro trimestre do ano, mentres que a cifra de fogares que chegan con dificultade descendeu ata o 31,3%, baixando tamén ao 8,6% os que declaran chegar con moita dificultade. Este é o resultado máis baixo de fogares con algunha dificultade a fin de mes de toda a serie histórica, que se inicia no primeiro trimestre de 2010. De feito, o número de fogares que chegan con facilidade a fin de mes medrou en Galicia 5,5 puntos respecto ao anterior trimestre, un incremento que é de 11,8 puntos no último ano.
Galicia é a terceira comunidade con menor débeda autonómica por habitante no segundo trimestre do ano, só por detrás de Canarias e Andalucía. A consecuencia da xestión prudente da Xunta, Galicia mellorou a súa posiciónno peche de 2017 estaba en quinto lugar- e cada galego debe hoxe 2.036 euros menos que o resto de cidadáns españois. Segundo os datos do Banco de España, cada galego debe 4.272 euros de débeda autonómica, fronte aos 10.478 euros que debe cada cidadán en Cataluña ou os 9.366 euros que debe cada cidadán da Comunidade Valenciana.
A comunidade galega baixou medio punto o seu endebedamento público no segundo trimestre deste ano, cun descenso de 201 millóns de euros no seu volume global, e sitúase como a quinta comunidade con menos débeda de España, segundo os datos do Banco de España publicados esta mañá. Ao finalizar o segundo trimestre do ano, a ratio de débeda / PIB de Galicia situouse no 18,6%, cinco décimas por debaixo da rexistrada no primeiro trimestre (19,1%) e catro décimas por debaixo da rexistrada no mesmo período do ano anterior (19,0%).
A Xunta de Galicia vai mobilizar máis de catro millóns de euros na dixitalización e modernización de empresas comerciais galegas e, como novidade deste ano, tamén artesanais, para a implantación de solucións dixitais que permitan aos beneficiarios adaptarse ás novas fórmulas de comercialización e ás tendencias do mercado, así como proxectos de modernización integral de locais. Así, cuns apoios públicos de 1,5 millóns de euros, beneficiaranse destas axudas un total de 471 comercios e obradoiros artesanais.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, renovou o compromiso cun rural con máis innovación, máis tecnoloxía, máis cooperación, máis benestar social e con máis oportunidades; e que siga apostando pola remuda xeracional e que lle dea o protagonismo que lle corresponde á muller. Durante o acto de entrega dos premios Agader 2018, Feijóo lembrou que o rural leva modernizándose desde hai tempo grazas, en parte, a unha dobre implicación que o fixo posible: un cambio de mentalidade social e tamén un compromiso dos poderes públicos.
O sábado día 26 de maio, 72 adegas das cinco Denominacións de Orixe Protexida ofrecen unha visita guiada polas súas instalacións e unha degustación gratuíta. Un total de 31 restaurantes ofrecen 62 menús enogastronómicos.
O titular da Xunta presidiu a sinatura do convenio de colaboración entre Goberno central, Administración autonómica e 31 concellos en materia de rehabilitación, cunha achega de 44,5 millóns de euros de fondos públicos, o que vai mobilizar un total de investimentos superiores aos 64 millóns.
Acadou este mellor comportamento pese a ser a única comunidade que executou en tempo e forma o seu Programa Anual de Endebedamento en 2011. Desde o ano 2008 a Comunidade galega é a terceira que menos aumentou o seu endebedamento e foi 15 puntos menor á media española e sempre nas marxes aprobadas no CPFF.
A directora de Comercio lembrou que o Goberno galego está a desenvolver o Plan Téxtil Moda Visión 2020 para apoiar a reactivación dunha das principais actividades industriais galegas. O fixo nas xornadas Modaberta 2012, no Barco de Valdeorras.
O conselleiro de Economía e Industria salienta o importante papel que desempeña a Fundación de Feiras e Exposicións de Ourense na dinamización da economía da provincia.
Según Feijóo: o obxectivo é ser máis eficaz na prevención e na loita contra o fraude fiscal e prestar mellor servizo de asesoramento para que os galegos podamos contribuír de forma máis axeitada a pagar os nosos impostos sen necesidade de que se vexan incrementados.
O titular da Xunta asinou co ministro de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente o convenio para a execución, seguimento e avaliación das accións incluídas nos Plans de Zona das zonas rurais.
Feijóo destaca a necesidade de fomentar estímulos que apoien a decisión dos galegos de converterse en pais ou nais; desde apoios económicos progresivos, vinculados á riqueza dos pais, ata a axilización dos trámites de adopción ou sensibilización do sector empresarial para aplicar tarifas de tipo social.
Os establecementos hoteleiros rexistraron unha suba do 0,4% respecto ao ano pasado e os extrahoteleiros (apartamentos turísticos, campamentos e turismo rural) do 15,8%. Todas as modalidades da oferta extrahoteleira rexistraron variacións interanuais positivas.
A aplicación das novas tecnoloxías á estimulación da cognición e a prevención de riscos, novidades das xornadas profesionais de Galisenior 2012. Tamén estarán centradas no envellecemento activo e na defensa dos dereitos do maior.