Notas de prensa

O 8º Salón Galego das Persoas Maiores, Galisenior, en Expourense o 25 e 26 de maio

A aplicación das novas tecnoloxías á estimulación da cognición e a prevención de riscos, novidades das xornadas profesionais de Galisenior 2012. Tamén estarán centradas no envellecemento activo e na defensa dos dereitos do maior.

As xornadas técnicas de Galisenior, dirixidas a todos os profesionais que traballan no eido do maior, incluirán un seminario sobre a aplicación das novas tecnoloxías á estimulación da cognición e a analizar o proceso que vai dende o deterioro cognitivo ata a demencia. Este tema, xunto á prevención de riscos no contorno habitual do maior, foron os novos temas propostos polos membros do comité asesor de Galisenior durante a súa segunda reunión. O Salón Galego das Persoas Maiores chegará a súa oitava edición en Expourense os días 25 e 26 de maio. Esta cita, de carácter bienal, servirá ademais de punto de encontro dos profesionais do sector, dos maiores e das súas familias para darlles a coñecer todos os servizos e produtos existentes para mellorar a súa calidade de vida.

Estes novos temas súmanse aos xa incluídos no programa dunhas xornadas profesionais que servirán de marco para analizar cómo viven e cómo senten e qué demandan as persoas maiores convertendo a este salón nun centro de reflexión e intercambio de experiencias e metodoloxías para afrontar o reto do envellecemento poboacional. Presentaranse as últimas innovacións e proxectos vencellados ó sector do maior levados a cabo en Galicia e abordará temas como o envellecemento activo, a defensa dos maiores e o seus dereitos, a adopción de hábitos de vida saudables ou a participación social, entre outras. Estas xornadas teñen solicitados créditos de libre configuración nas tres universidades galegas e na UNED. Entregarase diploma acreditativo.

Outra das novidades será a presentación do 54º Congreso da Sociedade Española de Xerontoloxía e Xeriatría e o 24º Congreso da Sociedade Galega que se celebrarán en Santiago entre o 6 e o 8 de xuño baixo o lema “un camiño cara un novo envellecemento”. Este encontro reunirá a máis de 2.000 especialistas do sector de toda Europa.

Actividades para maiores

Outro dos obxectivos do comité asesor de Galisenior foi elaborar un completo programa de actividades e obradoiros para que os maiores que visiten o salón participen activamente ó tempo que se promove un envellecemento activo, saudable e feliz. O programa de actividades para maiores de Galisenior conta, polo momento, con medio cento de obradoiros centrados nas principais afeccións dos maiores de Galicia como poden ser o baile, a risoterapia, as actividades deportivas ou os traballos manuais. A principal novidade desta edición será a organización dunha Andaina dende Expourense ata a área termal de Outariz que inclúe baño e xantar campestre, e outra máis curta ata As Burgas. Os paseos conxugaranse con obradoiros de pilates, Tai-Chi, aerobic con coreografía e exhibicións de baile, entre outras actividades.

Galisenior ofrécelles ademais a posibilidade de achegarse ás novas tecnoloxías e de compartir tempo e espazo con outras xeracións e é este neste eido onde se atopa unha das novidades máis salientables de Galisenior 2012. Os maiores crearán un blog no que relaten a súa experiencia no salón e participarán nun maratón de fotografía dixital no que inmortalizarán aqueles aspectos e actividades da feira que máis lle chamen a atención. Tamén terán a oportunidade de compartir xogos e karaoke na Wii con visitantes doutras xeracións.

Dúas das entidades integradas no Comité organizador, a Xunta de Galicia e a Obra Social de Novacaixagalicia, xa mostraron o seu compromiso coa feira e van mobilizar aos usuarios dos servizos, como é o caso dos centros sociocomunitarios da provincia de Ourense, que prestan ata Galisenior para que poidan gozar dunha xornada de diversión, coñecemento e intercambio de experiencias.

Exposición

Galisenior ofrecerá unha ampla mostra de produtos proxectados exclusivamente a brindar unha mellor calidade de vida aos nosos maiores, proporcionándolles a oportunidade de intervir activamente na sociedade, fomentando a súa autonomía, independencia e liberdade. Tamén se poñerán en coñecemento de todos os profesionais e das súas familias os servizos de atención que ofrecen entidades públicas e privadas. Con todo iso, perséguese, orientar a este colectivo, abordando entre outras cousas, unha preparación física e psicolóxica que permita gozar dun envellecemento activo e saudable.

Comité Asesor

O comité asesor de GALISENIOR 2012 está integrado polos principais axentes sociais tanto públicos coma privados que traballan a prol do benestar do maior como é o caso da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, a Concellería de Benestar Social do Concello de Ourense, Obra Social de Novacaixagalicia, Geriatros, Fomento de Servizos Sociosanitarios, as tres universidades galegas, distintos colexios profesionais, a Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría, Cruz Vermella e varias empresas provedoras de servizos. Tamén están integradas neste comité as principais asociacións que reúnen aos maiores que ademais mobilizarán aos seus asociados para que participen nas actividades do salón.

Silvia Prado (Coordinadora de Comunicación Expourense), 2012-04-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES