Así mesmo, Feijóo amosou a súa satisfacción por que o ministro de Fomento confirmara o material rodante xa que sen os trens AVRIL non serían posibles as conexións e con eles podemos ter conexións moi competitivas.
En materia de portos e mercadorías, Feijóo saudou a confirmación de que este sexa prioritario para o Goberno central e que se atope ao mesmo nivel que o Corredor Mediterráneo. Agradezo o compromiso de presentar este corredor nos próximos meses e de explicar a todos os axentes económicos e sociais de Galicia o proxecto que ten o Ministerio para o Corredor Atlántico, que está xa autorizado e priorizado pola Unión Europea, subliñou o titular do Goberno galego.
Transferencia da AP-9
En relación á transferencia da AP-9, Feijóo fixo fincapé en que esta autoestrada que nace e morre en Galicia e que non entra en Portugal é a arteria viaria máis importante para a nosa Comunidade desde o punto de vista económico, social e vertebrador. Esa transferencia pódese facer, recalcou ao respecto, amosando a súa satisfacción por que se vaia convocar unha comisión de seguimento na que se continúe avanzando, logo de que o ministro de Fomento anunciase que a próxima semana será convocada esta comisión para debater os detalles e as posibilidades de esta transferencia.
En relación á ampliación da Ponte de Rande, Feijóo solicitou ao ministro que se axilice tanto a supresión da peaxe como as medidas comprometidas para compensar aos veciños de Chapela, en Redondela, polas molestias causadas polas obras. Ao respecto, referiuse a medidas como a insonorización das súas vivendas e os sistemas antirruído.
Outras infraestruturas
En materia de estradas, Feijóo trasladoulle ao ministro de Fomento o interese de Galicia por finalizar a autovía entre Lugo e Santiago no ano 2021, Ano Xacobeo, ante a previsión dunha gran afluencia de peregrinos. Por razóns de seguridade, parécenos que ese esforzo ben vale a pena, engadiu o presidente.
Logo de confirmar a finalización do tramo San Martiño-A Barrela da autovía Lugo-Ourense, o presidente da Xunta incidiu na necesidade de priorizar a circunvalación norte de Ourense, así como o tramo Cambeo-Ourense.
Sobre a autovía Vigo-O Porriño, Feijóo valorou que esta siga entre as prioridades do Ministerio de Fomento, que ten a intención de financiala con cargo aos orzamentos do Estado.
Así mesmo, Feijóo e Ábalos tamén se referiron a outras obras durante a xuntanza, como a Avenida de Alfonso Molina e o Vial 18, na Coruña; a Avenida de Buenos Aires, en Vigo; ou o Enlace Orbital, en Santiago. Todas elas, concretou, serán analizados na Comisión Mixta convocada formalmente polo ministro para as próximas semanas.
Co obxectivo de ter realmente un Eixo Atlántico completo e unha relación directa con Portugal, Feijóo inicidiu na necesidade de facer en Vigo unha estación pasante á saída sur ferroviaria da cidade. É unha das prioridades da alta velocidade que ten Galicia neste momento e unha oportunidade para converter a Vigo na capital da Eurorrexión, aseverou.
Cómo y dónde invertir 50.000 euros
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.