
As escavacións realizadas nestas semanas permitiron documentar 'unha grande estrutura con tres estancias', no exterior da muralla do castro, explican desde o Grupo de Estudos de ArqueoloxÃa, Antigüidade e Territorio. Este achado permite confirmar que a ocupación deste enclave na época romana estendÃase pola ladeira que conecta o Castelo dos Mouros coa praia do Canexol, onde intervencións previas permitiron identificar restos de fábricas de salgadura e peixe.
Baixo a dirección cientÃfica do profesor de ArqueoloxÃa Adolfo Fernández, a primeira fase desta campaña arqueolóxica, que continuará en outono, tiña como obxectivo obter novos datos respecto da ocupación deste enclave, tanto na época romana como na castrexa. Realizadas coa colaboración dos axentes e vixiantes da illa, asà como da empresa Tragsa, as escavacións destas dúas semanas centráronse en dúas áreas que foran obxecto de sondaxes previas por parte da sección da arqueoloxÃa do GEAAT, que traballa neste xacemento desde 2021. Nomeadamente, abrangueron tanto nunha zona situada no exterior da muralla do castro como na terraza intermedia dun enclave que, como confirmaron en traballos previos, estivo densamente poboado tanto na época castrexa como na romana, estendéndose a súa ocupación ao longo de nove séculos.
A ocupación romana estendÃase máis aló do castro
As sondaxes realizadas en 2025 permitiran localizar fóra da muralla do castro “unha pequena parte dun edificio de época romana”, explica a investigadora Alba RodrÃguez, directora dunha intervención na que participan tamén as integrantes do grupo GEAAT Patricia Valle, Nerea Ruanova e Raúl Méndez. De aà que un puntos centrais desta campaña fose unha zona situada ao leste do castro, na que localizaron unha “grande estrutura con tres estancias”, que data da época romana. “A importancia desta sondaxe está en que se confirma a ocupación desta ladeira, máis aló dos limites da muralla”, salienta RodrÃguez.
Ademais, coa colaboración de Tragsa leváronse a cabo traballos de roza e limpeza da vexetación “dunha nova terraza detectada anteriormente no modelo dixital do terreo e que poderÃa, igualmente, estar ocupada”, explica a investigadora. Neste punto RodrÃguez, sinala que será preciso “seguir escavando” para obter novos datos deste espazo situado máis aló da terraza inferior do castro. “Cremos que todas estas estruturas poderÃan ter relación coas factorÃas de salga” de época romana da praia do Canexol, “ben como vivendas ou mesmo como almacéns”, engade.
Ãnforas do sur da penÃnsula e de Italia
O outro punto que centrou as actuacións do equipo investigador foi a terraza intermedia do castro, na que localizaran previamente estruturas de época castrexa. Neste caso, “os traballos consistiron en continuar exhumando a cabana redonda que xa se detectara na campaña anterior, quedando case visible por completo”, apunta a directora da intervención. Neste punto, “documentouse parcialmente un vestÃbulo de entrada”, que agardan poder escavar na seguinte fase da campaña, asà como “estruturas internas que poderÃan corresponder con lareiras ou apoios e soportes para anaqueis ou postes”. Neste espazo atopouse tamén “abondoso material”, dentro do que destaca a cantidade de restos de ánforas localizadas, “tanto do sur da PenÃnsula Ibérica como de Italia”, o que permite datar a ocupación desta casa “en torno ao Cambio de Era, aproximadamente entre o ano 50 antes de Cristo e o 50 despois de Cristo”.
A campaña completarase en outono
“En xeral, pensamos que foi unha campaña moi frutÃfera, que permite esbozar como se configura internamente o poboamento no xacemento”, salienta RodrÃguez dos traballos realizados nas últimas semanas, aos que o equipo investigador dará continuidade no outono. Nesta segunda fase, continuarán coas tarefas de escavación e a estas sumaranse os labores de conservación e restauración, dirixidos a “protexer as estruturas e permitir a visita con seguridade a estes dous novos puntos do xacemento”.
Os últimos concertos de Atardecer no Gaiás do mes de xullo traen unha das bandas galegas de rock máis internacionais do momento: Bala. O dúo coruñés actuará o xoves 23 de xullo, logo de ter pasado por escenarios e festivais de toda España, Reino Unido, Australia, Estados Unidos e Xapón. A actuación será ás 21,00 horas na Praza central da Cidade da Cultura, con acceso libre e gratuÃto. Con catro discos e un directo explosivo, Ãnxela Baltar e Violeta Mosquera farán un repaso dos temas cos que deron forma a unha identidade única na escena. Guitarra, baterÃa e voz son suficientes para lanzar disparos sonoros que lembran ao rock intenso dos 90 con influencias que van desde o stoner, ao hardcore e o punk.
Serán 33 os expedientes que serán avaliados nesta sesión co fin de acadar o máximo recoñecemento patrimonial por parte da Unesco. Esta valoración farase ao longo das xornadas do venres, do sábado, do domingo e do luns. A programación rematará o mércores 29 coa aprobación do informe final, a adopción de decisións e a clausura oficial do Comité. A previsión é que a resolución sobre a candidatura galega se coñeza 'entre o domingo 26 e o luns 27'. Cómpre lembrar que este encontro se leva a cabo na cidade de Busán, onde o expediente será analizado por 21 embaixadores de Estados membros, entre eles Armenia, Acerbaixán, Bangladesh, Chequia, Granada, Xamaica, Kazakistán, Kenia, Kuwait, LÃbano, Mongolia ou Perú.