Noticias

A candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial será presentada ao comité que se celebra en Corea

Serán 33 os expedientes que serán avaliados nesta sesión co fin de acadar o máximo recoñecemento patrimonial por parte da Unesco. Esta valoración farase ao longo das xornadas do venres, do sábado, do domingo e do luns. A programación rematará o mércores 29 coa aprobación do informe final, a adopción de decisións e a clausura oficial do Comité. A previsión é que a resolución sobre a candidatura galega se coñeza 'entre o domingo 26 e o luns 27'. Cómpre lembrar que este encontro se leva a cabo na cidade de Busán, onde o expediente será analizado por 21 embaixadores de Estados membros, entre eles Armenia, Acerbaixán, Bangladesh, Chequia, Granada, Xamaica, Kazakistán, Kenia, Kuwait, Líbano, Mongolia ou Perú.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo hoxe en valor a candidatura 'sólida, rigorosa e novidosa' que o Goberno autonómico presenta da Ribeira Sacra ante o Comité de Patrimonio Mundial que comeza hoxe na República de Corea. Unha proposta que fai fincapé na singularidade da paisaxe e o patrimonio hidráulico desta zona para acadar o recoñecemento que concede a Unesco.

Rueda lembrou que a Xunta investiu 8 millóns de euros nos últimos anos na conservación de bens da Ribeira Sacra e que levou a cabo 90 actuacións en colaboración con outras administracións e entidades. Nesta liña, o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, resaltou que esta 'candidatura de país' xa permitiu que a Ribeira Sacra 'sexa un territorio máis vivo, coidado e recoñecido'

Tal e como se deu conta no Consello de hoxe, o Comité que arranca hoxe en Corea e que se celebrará ata o vindeiro 29 de xullo, contará coa asistencia do director xeral de Patrimonio Cultural, Ángel Miramontes, que estará acompañado polo coordinador da candidatura da Ribeira Sacra, Mario Crecente. Así mesmo, tamén está prevista a asistencia do embaixador de España ante a Unesco, Miquel Iceta, así como de representantes do Ministerio de Cultura e do de Asuntos Exteriores, UE e Cooperación.

En total, serán 33 os expedientes que serán avaliados nesta sesión co fin de acadar o máximo recoñecemento patrimonial por parte da Unesco. Esta valoración farase ao longo das xornadas do venres, do sábado, do domingo e do luns. A programación rematará o mércores 29 coa aprobación do informe final, a adopción de decisións e a clausura oficial do Comité. A previsión, segundo explicou o conselleiro, é que a resolución sobre a candidatura galega coñezase 'entre o domingo 26 e o luns 27'.

Cómpre lembrar que este encontro se leva a cabo na cidade de Busán, onde o expediente será analizado por 21 embaixadores de Estados membros. En concreto, avaliarán a candidatura da Ribeira Sacra os países de Armenia, Acerbaixán, Bangladesh, Chequia, Granada, Xamaica, Kazakistán, Kenia, Kuwait, Líbano, Mongolia, Perú, Polonia, República de Corea, Senegal, Suíza, Togo, Turquía, Ucraína, República Unida de Tanzania e Vietnam.

Rueda lembrou que a candidatura da Ribeira Sacra chega ao Comité de Patrimonio Mundial 'despois dun longo traballo iniciado hai décadas e ao abeiro do traballo coordinado entre o Goberno galego, o embaixador de España ante a Unesco e o Ministerio de Cultura'. Así, o informe que se valorará esta semana en Corea é o resultado do traballo feito tras o aprazamento estratéxico decidido no ano 2021 para reformular, revisar, fortalecer e mellorar o expediente elaborando contidos específicos que afonden nos valores da Ribeira Sacra e impulsen a súa candidatura co máximo rigor e calidade.

Trátase, en definitiva, dunha proposta sólida, rigorosa e novidosa que se basea nos atributos excepcionais e únicos desta paisaxe construída co uso da auga e que non está presente aínda de xeito suficiente na Lista de Patrimonio Mundial. Deste xeito, buscouse deixar constancia do carácter único deste territorio amosando desde a espectacularidade dos canóns e vales fluviais esculpidos pola auga ata o relevante do seu patrimonio hidráulico, con infraestruturas que teñen chegado aos nosos días como muíños, centrais ou os saltos impresionantes de auga.

De xeito paralelo aos traballos técnicos da candidatura, a Xunta de Galicia, como mostra do seu compromiso para que Ribeira Sacra sexa un territorio máis vivo e recoñecido, traballou na conservación e posta en valor de diferentes bens patrimoniais desta comarca da provincias de Lugo e Ourense. Así, ao longo deste período, a Administración autonómica executou, en solitario ou en colaboración con outras institucións e concellos, diferentes actuacións tanto en materia arquitectónica como arqueolóxica en diferentes bens como igrexas, mosteiros, museos, castros ou xacementos romanos, entre outros.

R., 2026-07-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (fito-2026.jpg) O certame consolídase como un espazo de exhibición para o sector profesional galego e de achegamento da cidadanía ás novas linguaxes escénicas. Teatro de Ningures abrirá a programación o xoves 15 no Teatro Principal coa estrea absoluta de Thelma e Lola. Tamén presentará por primeira vez a súa nova proposta Arun Run, que levará Inorganic ás rúas de Ourense os días 17, 18, 23, 24 e 25. Pola súa banda, a iniciativa 67 Graos Ourense Fervescénica dará a coñecer novas creacións o mércores 21 na Sala Emilia Pardo Bazán do Campus de Ourense. No apartado internacional, a compañía arxentina El Rayo Misterioso regresará ao festival con Todo terminará por Navidad.
Foto de la tercera plana (20261002-xunta.jpg) Galicia comparte coas comunidades autónomas a súa Lei de Educación Dixital, unha normativa pioneira a nivel estatal que regulará por primeira vez o uso da IA no ensino. Faino no I foro europeo EducaIA que se celebrou en Santiago de Compostela coa participación de responsables educativos de dez comunidades autónomas, xunto con docentes e expertos na materia e a intervención por videoconferencia do director de Educación da OCDE, Andreas Schleicher.

Notas

Pasaban 22 minutos das 20.00 horas deste xoves 1 de outubro cando un vehículo de lanzamento Falcon 9 de SpaceX despegaba desde a base da Forza Espacial de Vanderberg (California) levando no seu interior o experimento CORTIS (Camara Observation & Radiation Test in Space), desenvolvido durante un ano polo alumnado da Universidade de Vigo que forma parte da asociación UVigo SpaceLab.
A Universidade da Coruña reuniu hoxe investigadoras e especialistas de referencia para reflexionar sobre os nesgos de xénero, sociais e discriminatorios presentes nos sistemas de intelixencia artificial (IA), así como sobre os retos éticos e tecnolóxicos que suscita o seu desenvolvemento e aplicación en ámbitos cada vez máis diversos da sociedade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES