
No seu último traballo, Besta (PIAS, 2024) suman, ademais, colaboracións do nivel de Tanxugueiras, Ana Curra (Alaska y los Pegamoides, Parálisis Permanente) ou a banda punk estadounidense Surfbort.
Na última semana de xullo, o escenario de Atardecer no Gaiás será para Sheila Patricia o xoves 30, e para Lisdexia, o venres 31. Cunha mirada feminista sobre a tradición, Sheila Patricia é unha das voces destacadas da nova canción de autora en Galicia. Melodías que se moven entre o íntimo e o acústico para xogar tamén coa electrónica, xerando novas texturas sen perder a conexión coa raíz.
Desde Muros (concello que nos últimos anos deu saída a grupos co tirón de The Rapants ou 9Louro) chegan Lisdexia, herdeiros do punk rock desenfadado dos xa desaparecidos tamén de Muros Terbutalina. O seu son mestura garage e punk con toques de música tradicional, pop e mesmo funk, cun estilo enérxico pensado para facer bailar.
Catro atardeceres máis en agosto
Os concertos gratuítos seguen na Cidade da Cultura en agosto cos composteláns Dogo, que actuarán o xoves día 6. Na semana seguinte, Atardecer no Gaiás programa tres citas consecutivas: o mércores día 12 será quenda para a música electrónica dos lucenses Galician Army, cun set especial coincidindo co eclipse total de sol; o xoves día 13 subirán ao escenario Israel B, Santa Salut e Silee na segunda edición do Atardecer Fest, dedicado ao rap e ritmos urbanos; e finalmente o venres día 14 pecharemos esta décimo sexta edición do ciclo co electropop do trío chegado de Barcelona Turista Sueca.
Atardecer no Gaiás, que conta un ano máis co apoio de Cervezas Alhambra, encádrase na campaña de verán Para gustos, cultura, coa que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude impulsa máis de 3.600 actividades 200 municipios de toda Galicia.
O certame consolídase como un espazo de exhibición para o sector profesional galego e de achegamento da cidadanía ás novas linguaxes escénicas. Teatro de Ningures abrirá a programación o xoves 15 no Teatro Principal coa estrea absoluta de Thelma e Lola. Tamén presentará por primeira vez a súa nova proposta Arun Run, que levará Inorganic ás rúas de Ourense os días 17, 18, 23, 24 e 25. Pola súa banda, a iniciativa 67 Graos Ourense Fervescénica dará a coñecer novas creacións o mércores 21 na Sala Emilia Pardo Bazán do Campus de Ourense. No apartado internacional, a compañía arxentina El Rayo Misterioso regresará ao festival con Todo terminará por Navidad.
Galicia comparte coas comunidades autónomas a súa Lei de Educación Dixital, unha normativa pioneira a nivel estatal que regulará por primeira vez o uso da IA no ensino. Faino no I foro europeo EducaIA que se celebrou en Santiago de Compostela coa participación de responsables educativos de dez comunidades autónomas, xunto con docentes e expertos na materia e a intervención por videoconferencia do director de Educación da OCDE, Andreas Schleicher.