
Ese traballo conxunto permitiu orientar mellor os recursos, reforzar os ecosistemas de innovación, achegar o coñecemento ao mercado e avanzar en áreas claves nas que Galicia e o Norte de Portugal podían xerar máis valor, convertendo así a Eurorrexión nun espazo de innovación máis forte, máis competitivo e máis conectado con Europa.
A estratexia actual, cun marco de aplicación 2021-2027, consolida esta visión compartida e reforza a Eurorrexión como espazo de innovación. Nese senso, o proxecto MAISRIS3T debe servir, en palabras de Carmen Cotelo, para seguir fortalecendo a gobernanza participativa, ampliar a implicación dos axentes e impulsar a implementación efectiva das prioridades compartidas. De feito, actualmente Galicia e Norte de Portugal participan en seis proxectos punteiros de I+G+i, cun orzamento de 39 M, que reforzan a Eurorrexión en áreas de alto impacto como tecnoloxía cuántica, intelixencia artificial ou biotecnoloxía. Neles participan nove entidades galegas e 19 socios portugueses, contribuíndo así ao desenvolvemento de estratexias conxuntas que fortalecen o posicionamento en Europa e avanzan cara unha economía baseada no coñecemento.
A directora apuntou que a cooperación é tamén unha vantaxe competitiva para acceder a financiamento europeo, xa que as entidades de Galicia e do Norte de Portugal están mellor situadas para participar conxuntamente en programas como Horizonte Europe, Interreg Europe ou outros instrumentos europeos de apoio á innovación.
Máis de 90 representantes na xornada
O evento, organizado pola Fundación CEER e a Axencia Galega de Innovación, reuniu a máis de 90 actores institucionais, académicos e do sistema de innovación da Eurorrexión GaliciaNorte de Portugal para definir o futuro da Estratexia transfronteiriza como ferramenta fundamental de monitorización e apoio á toma de decisións.
O evento contou coa intervención de Dominique Foray, referencia internacional en estratexias de especialización intelixente, que contextualizou o debate e reforzou a ligazón entre o coñecemento científico e as políticas públicas de innovación. A súa contribución foi decisiva para o desenvolvemento do concepto de especialización intelixente, que inspirou as estratexias en toda Europa e que marcou unha nova maneira de entender as políticas de innovación: máis conectadas coas capacidades reais dos territorios, máis orientadas á transformación económica e social e máis abertas á participación dos axentes do ecosistema.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.