Noticias

Galicia baixou o seu endebedamento en 201 millóns no segundo trimestre

A comunidade galega baixou medio punto o seu endebedamento público no segundo trimestre deste ano, cun descenso de 201 millóns de euros no seu volume global, e sitúase como a quinta comunidade con menos débeda de España, segundo os datos do Banco de España publicados esta mañá. Ao finalizar o segundo trimestre do ano, a ratio de débeda / PIB de Galicia situouse no 18,6%, cinco décimas por debaixo da rexistrada no primeiro trimestre (19,1%) e catro décimas por debaixo da rexistrada no mesmo período do ano anterior (19,0%).

Ademais, o diferencial positivo de Galicia respecto á media autonómica (24,7%) aumenta ata os 6,1 puntos, cando en 2008 estaba igualado á media.

Ademais, a previsión do Goberno galego é que a ratio de endebedamento continúe baixando ata o peche do exercicio, o que confirma que este indicador está totalmente estabilizado en Galicia desde o ano 2014. Isto tamén permitirá cumprir un ano máis o límite de débeda fixado polo Consello de Política Fiscal e Financeira, como vén facendo Galicia ano a ano durante a última década.

En volume absoluto, a débeda das comunidades autónomas situouse ao peche do segundo trimestre en 293.246 millóns, o 3,9% deste importe -11.549 millóns- na comunidade galega. A xestión rigorosa da Xunta ten evitado que Galicia emitise uns 3.800 millóns de euros, xa que Galicia é a comunidade que menos aumentou o seu volume de débeda desde 2008.

Quinta comunidade con menos débeda

Os datos do Banco de España ratifican que Galicia continúa entre as comunidades autónomas de referencia no control do seu endebedamento, froito do control da estabilidade orzamentaria que vén realizando a Xunta. De feito, Galicia é a quinta comunidade con menor ratio de débeda/PIB, a terceira de réxime común, só por detrás de Madrid e Canarias.

O control da débeda pública é unha das bases do modelo de crecemento san que defende a Xunta, e é froito da progresiva redución do déficit que vén acadando o Goberno galego nos últimos anos. Este mellor comportamento respecto da media permitiu a Galicia acadar un importante aforro en xuros da débeda, que neste 2018 será duns 65 millóns de euros.

R., 2018-09-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES