A directora xeral de Comercio da Consellería de Economía e Industria, Nava Castro, trasladou o apoio da Xunta de Galicia ao sector téxtil galego na clausura das xornadas Modaberta 2012, organizadas polo centro comercial aberto O Barco Aberto.
A directora lembrou que o Goberno galgo está a desenvolver o Plan Téxtil Moda Visión 2020 para apoiar a reactivación dunha das principais actividades industriais galegas, de cara a xeración de riqueza e emprego.
Neste encontro, Nava Castro quixo destacar tamén a aposta dá Conselleria polo desenvolvemento do pequeno e mediano comercio do Barco de Valdeorras, ao abeiro do Plan Ágora Agora Re-Comercia, deseñado pola Xunta na procura da modernización e a reactivación da actividade comercial nos concellos galegos.
A directora de comercio salientou o esforzo dinamizador do Centro Comercial Aberto do Barco de Valdeorras, que ten sido apoiado neste exercicio con mais de 54.000 euros pola Consellería de Economía e Industria, para favorecer que continúe co desenvolvemento de sistemas de fidelización e dinamización comercial nas distintas campañas de primavera, verán, outono e inverno.
Neste sentido, a directora de Comercio lembrou que a aposta da Xunta de Galicia, e moi especialmente da Consellería de Economía e Industria, está co desenvolvemento do pequeno e mediano comercio galego, capaz de impulsar a reactivación da actividade económica dos concellos galegos.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.