//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias economia
O Banco de España vén de confirmar que en 2018 Galicia logrou baixar o seu endebedamento público por segundo ano consecutivo, ao situar a ratio de débeda/PIB no 18,0% ao peche do cuarto trimestre do ano, 6,3 puntos por debaixo da media autonómica. Galicia remata o exercicio 2018 como a terceira comunidade autónoma con menor ratio de débeda de toda España a quinta incluíndo as de réxime foral-, só por detrás de Madrid e Canarias. Ao finalizar o cuarto trimestre do ano, a ratio de débeda/PIB de Galicia situouse catro décimas por debaixo da rexistrada no mesmo período do ano anterior (18,4%) e tres décimas por debaixo da rexistrada no terceiro trimestre.
Reuniuse o comité de xestión do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal, que financia proxectos de catro eixes prioritarios que se dirixen ao impulso da innovación, ao fomento da competitividade empresarial, á prevención de riscos e á mellora da xestión dos recursos naturais, á mellora da capacidade institucional e á eficiencia da administración pública. Galicia segue sendo a rexión más activa xa que participa no 37,5% das candidaturas presentadas: das 285 candidaturas admitidas, en 107 había socios galegos. En total, aprobáronse 97 candidaturas ao longo de toda a fronteira hispano portuguesa, cun investimento total de 112,2 millóns de euros.
A plataforma dixital facilita unha avaliación do impacto do posible novo contexto comercial ás empresas galegas en dous niveis, o da súa preparación actual ante o Brexit e o da súa dependencia comercial co país anglosaxón. A partir destes parámetros, a ferramenta analiza cada peme en cinco dimensións clave: estratexia e modelo de negocio, fiscalidade e aduanas, marco legal, organización e persoas, e marco financeiro. Ademais de proporcionar recomendacións específicas sobre cuestións clave en función da situación de cada peme, este instrumento de apoio ao tecido empresarial galego amosa unha análise comparativa con respecto a outras empresas, así como indicacións globais para cada un dos sectores estratéxicos de Galicia.
A automoción galega pechou o ano 2018 con balance, cunha conta de resultados que afianza as expectativas do sector de cara á unha maior produtividade, innovación e mercado exterior. Este sector, que conforman 130 empresas integradas no Clúster de Empresas da Automoción (CEAGA), dá emprego a máis de 22.000 persoas, e representa unha cuarta parte das exportacións galegas. A planta de PSA en Vigo sigue sendo unha das máis produtivas de España, das máis innovadoras do grupo e sigue avanzando no coche do futuro. Sigue crecendo tamén a canteira de empresas que conforman toda a industria auxiliar, de xeito que este sector continúa sendo decisivo no ránking exportador da Comunidade.
O Goberno autonómico vén de activar o Plan de financiamento empresarial de Galicia para 2019 co obxectivo de que ningún proxecto viable se quede sen desenvolver por falta de financiamento, especialmente no caso das pequenas e medianas empresas de carácter industrial. A través deste plan, que contará cun orzamento de 100M, facilitarase financiamento para 800 proxectos de emprendedores, microempresas e pemes. Ademais prevese mobilizar o montante de preto de 300M a través de instrumentos financeiros que contribúen á creación de empresas, crecemento das pemes da industria e tamén ao apoio ás actividades de innovación.
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo Aller, está a participar no 8º Cumio Europeo de Rexións e Cidades, que cada dous anos organiza o Comité Europeo das Rexións para debater dende unha perspectiva subestatal, os desafíos que afronta a UE. Nesta ocasión, a declaración política aprobada advirte de que Europa se está transformando a unha velocidade sen precedentes debido á globalización, a revolución dixital, o clima e o cambio demográfico. Para que a UE poida facer fronte a estes retos eficazmente, a declaración apela a un esforzo coordinado de todos os niveis de goberno, afirmando que a UE necesita as súas rexións e cidades tanto como estas necesitan a Unión Europea.
As indicacións xeográficas protexidas (IXP) de carne de vacún de Galicia creceu en 2018 por riba do 3% en certificación e comercialización de Ternera Gallega, acadando os 122 millóns de euros de valor económico en primeira venda. Esta IXP mantivo ademais as súas cifras de actividade no campo, con 8.199 explotacións e 132.868 tenreiros rexistrados. A IXP Vaca Galega / Boi Galego, conta xa con 683 explotacións, 21 industrias inscritas e 8.593 vacas e bois rexistrados. O pasado ano certificáronse un total de 334 canais que sumaron 138 toneladas de carne. A nosa comunidade ocupa o segundo lugar dentro de España en número de cabezas de gando tras Castela e León.
Galicia pechou o ano 2018 sendo a comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas, cun período medio de pago de 16,9 días, o máis baixo de toda España segundo os datos oficiais publicados polo Ministerio de Facenda. O período medio de pago de Galicia mantívose 13 días por debaixo do límite que establece a normativa estatal, e a media autonómica situouse en 30,05 días, 13 máis que a media rexistrada na Comunidade galega.
Os datos oficiais do Ministerio de Facenda inclúen desde o mes de abril unha nova metodoloxía de cálculo do período medio de pago a provedores que se aplica a todas as autonomías.
No 2018, as vendas internacionais da industria agroalimentaria representaron o 13,4% do total, sumando o valor de 3.065,6 millóns de euros, continuando, así, a súa evolución positiva, cun aumento do 1,8% con respecto ao ano 2017. O ano pasado un total de 1.384 empresas galegas do sector da alimentación venderon os seus produtos no exterior. Delas, case a metade, 663, exportan regularmente, é dicir, fixérono de forma consecutiva durante os últimos catro anos, o que supón un incremento do 1,1% con respecto a 2017. En termos globais, o ano pasado en Galicia, o número de empresas exportadoras e exportadoras regulares alcanzaron as 7.259 e 2.498, respectivamente.
Galicia pechou o mes de febreiro con 173.709 persoas no paro, o que supón con respecto a hai un ano 14.498 desempregados menos (-7,70%). É, deste xeito, a segunda Comunidade na que máis descende o paro superando a caída media do Estado (-5,22%) en case dous puntos e medio. O paro, así, continúa baixando, seis anos de xeito consecutivo nun mes de febreiro e a cifra sitúa á Comunidade en niveis de hai unha década. Con respecto ás afiliacións, continúan en aumento, con 18.822 cotizacións máis que hai un ano encadeando case cinco anos de subidas consecutivas, desde abril de 2014.
Os trámites para a explotación da mina lévanse a cabo como proxecto industrial estratéxico pola indubidable magnitude do proxecto. O proxecto depende da empresa canadense Edgewater Exploration ITD que, de ser aprobado, iniciaría o seus traballos a principios do 2013 por un período de 13 anos.
Durante a reunión do Comité de Seguimento levouse a cabo o exame e análise do Informe de execución da anualidade 2011 do FEDER-Galicia. Presentáronse boas prácticas de comunicación durante o exercicio 2011 e por primeira vez boas prácticas de xestión.
O programa, desenvolvido por Fundetec en colaboración coa Xunta, chegará a 40 concellos integrados na rede de aulas CeMIT das catro provincias. As participantes elaborarán o seu propio plan de empresa co apoio de titores e profesionais especializados.
O apoio da Consellería de Economía e Industria fixo posible a recente constitución de 5 novos clúster galegos.
A conselleira de Facenda salienta que afondará nas liñas xa iniciadas e fortalecerá o control do cumprimento tributario. Afirma que potenciar as novas tecnoloxías mellorará o funcionamento dos servizos cun aforro de tempo e custos e cunha mellora da eficacia.
Con esta iniciativa a Consellería continúa co desenvolvemento do Plan Téxtil Moda Galicia- VISIÓN 2020 como estratexia de apoio a un dos principais sectores da economía galega. Prímanse as pemes que poderán recibir unha maior axuda.
Os criterios atenderán ás prioridades do Plan Estratéxico 2010-2014. Galicia proseguirá o ano que ven na senda da austeridade e da consolidación fiscal para financiar os servizos públicos básicos e as políticas de saída da crise sen cargar con novos tributos aos cidadáns e ás empresas. Facenda e Igualdade colaborarán para incluír a perspectiva de xénero no proceso de elaboración dos orzamentos.
Os balnearios e os talasos serán o único subsector turístico cunha orde específica de subvencións por valor de 1,75 millóns de euros para a creación de establecementos. Púxose enriba da mesa esta información durante as Xornadas Profesionais de Termalismo.
A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de
Galicia (CPXG) lamenta o ERE que presentou o xornal Atlántico Diario, de
Rías Baixas Comunicación S.A., pertencente ao Grupo La Región e que afecta
a once traballadores, sete da área de redacción.
Publícanse no DOG as ordes reguladores das axudas da Xunta ás axencias de viaxes para comercializar e promocionar o destino Galicia e mais para acometer obras de mellora nos acampamentos turísticos.