Notas de prensa

A explotación da mina de ouro de Corcoesto xerará 1.400 empregos e investirá máis de 1.000 millóns

Os trámites para a explotación da mina lévanse a cabo como proxecto industrial estratéxico “pola indubidable magnitude do proxecto”. O proxecto depende da empresa canadense Edgewater Exploration ITD que, de ser aprobado, iniciaría o seus traballos a principios do 2013 por un período de 13 anos.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou os avances na tramitación para a explotación da mina de ouro de Corcoesto, o primeiro proxecto industrial estratéxico na nosa comunidade que se plantexa conforme á nova Lei reguladora da política industrial de Galicia, e que suporá un investimento de 110 millóns de euros e a xeración de 1.371 postos de traballo.

A mina, cuxo proxecto depende da empresa canadense Edgewater Exploration ITD, está localizada nos concellos de Cabana de Bergantiños, Coristanco e Ponteceso e, segundo explicou o presidente, os trámites para a súa explotación lévanse a cabo como proxecto industrial estratéxico “pola indubidable magnitude do proxecto”.

Feijóo puxo de relevo a taxa de desemprego que rexistran os concellos sobre os que se estende a mina de Corcoesto, nos que existe solo industrial pendente de ocupar e cunha industria auxiliar, dixo, que se verá “notablemente beneficiada”, especialmente na tarefa de movemento de terras e na construción e posta en funcionamento da pranta de tratamento, necesaria obter o visto e prace da declaración de impacto ambiental.

O xefe do Goberno galego resaltou o traballo da Xunta para atraer investimento no sector da minería e, ao respecto, lembrou a aprobación da nova Lei reguladora da política industrial en Galicia, orientada a facilitar a implantación na nosa comunidade de proxectos que supoñan grandes investimentos e xeren postos de traballo. “Esta lei nos está a permitir cumprir o obxectivo de facilitar a implantación e a consolidación de novos proxectos industriais estratéxicos para Galicia”, dixo, e salientou: “Estamos aforrando un ano e medio de trámites administrativos e imos aforrar 18 meses na tramitación ordinaria convencional deste tipo de declaracións de impacto ambiental”.

Segundo sinalou, o obxectivo é que “a finais de ano esta empresa canadense que cotiza na Bolsa de Toronto poida iniciar a explotación da mina por un período máximo de 13 anos, e que poida facer un investimento de 110 millóns de euros na comarca de Bergantiños cun emprego estimado, entre postos directos e indirectos, de preto de 1.400 novos empregos”.

Feijóo considerou que estamos ante un proxecto “estratéxico e interesante”, posto que “o prezo do ouro acredita a rendibilidade que esta explotación e esta empresa ten, ou poderá ter, se cumpre todos os requisitos que están sendo avaliados por 11 organismos distintos”.

A previsión, segundo indicou Feijóo, é que a proposta poida ter o visto e prace “para iniciar os seus traballos a principios do ano que vén”. Así, precisou que serán 13 anos de período total de explotación, dos que tres corresponderán á preparación, ás infraestruturas e aos investimentos necesarios, oito á explotación da mina, e outros dous para a súa clausura e peche conforme á normativa que se lle vai exixir no momento da autorización definitiva para a extracción mineira”.

Planificar e innovar no sector respectando o ambiente

No transcurso da súa intervención, o mandatario galego aludiu, tamén, ao paquete de axudas aprobado polo Consello da Xunta para a mellora tecnolóxica e a sustentabilidade económica e ambiental deste sector. Van destinadas, concretou, a entidades sen ánimo de lucro do sector mineiro galego co fin de concretar, xunto á Administración galega, a normativa en planificación, innovación e protección ambiental.

Segundo apuntou, Galicia é a cuarta comunidade autónoma en valor de produción mineira que representa case o 12 por cento do total de España. Un sector que, engadiu, dá emprego director a arredor de 8.500 traballadores en Galicia. Nesta liña, lembrou que a Xunta xa ten mobilizado liñas de apoio á minería nesta lexislatura por un valor de 26 millón de euros e que tamén se ten avanzado na ordenación e na planificación dos dereitos mineiros.

Sinalou que hai 1.200 dereitos mineiros en vigor neste momento, e apuntou que a Xunta xa iniciou a caducidade daqueles que non teñen actividade para volver a sacalos a concurso; primeiro, nas provincias de Ourense e da Coruña e, nos vindeiros meses, en Lugo e Pontevedra. Ademais, tamén se referiu á posta en marcha do Censo Catastral Mineiro, unha ferramenta tecnolóxica que mostra dun xeito rápido e sinxelo a situación xeográfica e administrativa dos dereitos mineiros existentes en Galicia.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2012-06-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES