Noticias

A Xunta presenta ás empresas galegas a plataforma dixital de asesoramento ante o Brexit

A plataforma dixital facilita unha avaliación do impacto do posible novo contexto comercial ás empresas galegas en dous niveis, o da súa preparación actual ante o Brexit e o da súa dependencia comercial co país anglosaxón. A partir destes parámetros, a ferramenta analiza cada peme en cinco dimensións clave: estratexia e modelo de negocio, fiscalidade e aduanas, marco legal, organización e persoas, e marco financeiro. Ademais de proporcionar recomendacións específicas sobre cuestións clave en función da situación de cada peme, este instrumento de apoio ao tecido empresarial galego amosa unha análise comparativa con respecto a outras empresas, así como indicacións globais para cada un dos sectores estratéxicos de Galicia.

O director do Igape, Juan Cividanes, presentou esta mañá a plataforma dixital posta en marcha pola Xunta de Galicia que ofrece ás pemes galegas interesadas diagnoses técnicas e personalizadas de cal é a súa situación e como deben actuar ante o novo escenario económico que se abre coa saída do Reino Unido da Unión Europea. Con esta ferramenta, o tecido empresarial galego poderá coñecer o impacto real do Brexit na súa actividade diaria.

Cividanes destacou que o obxectivo desta iniciativa é contribuír a que as empresas poidan anticiparse e adoptar as medidas necesarias para converter un novo escenario económico nunha oportunidade. Ademais, a ferramenta permitirá planificar e elaborar plans de continxencia para mitigar os riscos derivados do Brexit.

A plataforma dixital facilita unha avaliación do impacto do posible novo contexto comercial ás empresas galegas en dous niveis, o da súa preparación actual ante o Brexit e o da súa dependencia comercial co país anglosaxón. A partir destes parámetros, a ferramenta analiza cada peme en cinco dimensións clave: estratexia e modelo de negocio, fiscalidade e aduanas, marco legal, organización e persoas, e marco financeiro.

Ademais de proporcionar recomendacións específicas sobre cuestións clave en función da situación de cada peme, este instrumento de apoio ao tecido empresarial galego amosa unha análise comparativa con respecto a outras empresas, así como indicacións globais para cada un dos sectores estratéxicos de Galicia.

Na súa intervención, Cividanes lembrou que xunto con esta páxina web, as empresas van dispor en Galicia dunha oficina na sede do Igape, que ofrecerá un servizo de consultoría para as compañías que soliciten información sobre o escenario económico do Brexit. Engadiu que nos vindeiros meses se vai poñer en marcha outra oficina emprazada en Londres que atenderá as necesidades do tecido empresarial galego asentado no Reino Unido.

Cividanes salientou tamén que este destino debe seguir consolidándose como mercado relevante para o tecido empresarial galego e que a circulación de servizos e mercadorías entre Galicia e o país anglosaxón debe continuar en termos semellantes aos dos últimos anos. Nese sentido, resaltou a alta calidade e a diferenciación dos produtos galegos, que son os impulsores da presenza internacional das compañías da nosa comunidade.

R., 2019-03-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES