Noticias

O sector da automoción galega pecha 2018 cun balance positivo, que afianza as expectativas do sector de cara á unha maior produtividade, innovación e mercado exterior

A automoción galega pechou o ano 2018 con balance, cunha conta de resultados que afianza as expectativas do sector de cara á unha maior produtividade, innovación e mercado exterior. Este sector, que conforman 130 empresas integradas no Clúster de Empresas da Automoción (CEAGA), dá emprego a máis de 22.000 persoas, e representa unha cuarta parte das exportacións galegas. A planta de PSA en Vigo sigue sendo unha das máis produtivas de España, das máis innovadoras do grupo e sigue avanzando no coche do futuro. Sigue crecendo tamén a canteira de empresas que conforman toda a industria auxiliar, de xeito que este sector continúa sendo decisivo no ránking exportador da Comunidade.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, constatou hoxe o balance positivo da automoción galega, cuxa conta de resultados en 2018 afianza as expectativas do sector de cara á unha maior produtividade, innovación e mercado exterior.

Durante a clausura da Asemblea do Clúster de Empresas da Automoción (CEAGA), Feijóo lembrou que este sector, que conforman 130 empresas integradas neste clúster e dá emprego a máis de 22.000 persoas, representa unha cuarta parte das exportacións galegas. E incidiu no alentador que resulta confirmar os bos resultados dun sector estratéxico para Galicia como é a automoción; “sobre todo –dixo-, porque reafirma as capacidades do sector industrial na Comunidade”.

Nesta liña, destacou a importancia de que a planta de PSA en Vigo siga sendo unha das máis produtivas de España, das máis innovadoras do grupo e siga avanzando no coche do futuro que siga crecendo a canteira de empresas que conforman toda a industria auxiliar; e que este sector continúe sendo decisivo no ránking exportador da Comunidade.

Ao longo da súa intervención, o responsable do Executivo autonómico destacou a necesidade de traballar todos xuntos para facer de Galicia un territorio atractivo para investir e incidiu no papel que deben asumir as institucións: ser colaborador activo e leal de emprendemento. Acompañar as necesidades dos sectores como este.

R., 2019-03-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES