Actualidad de Economía

Noticias economia

Presentouse esta mañá unha nova edición da campaña Días azuis do comercio galego, organizada pola Federación Galega de Comercio, Abanca e a Xunta, e que se celebra desde hoxe ata o 26 de maio co obxectivo de dinamizar o comercio de proximidade. Durante estas dúas semanas o obxectivo da campaña é visibilizar os establecementos que están a pé de rúa e dinamizar o comercio de proximidade. Os clientes dos comercios que realicen as súas compras entre estas dúas datas deberán rexistrar o seu tícket en www.diasazuis.com, ou ben solicitar que a rexistre o propio comerciante. Entre todos os participantes sortearanse un total de 16.200 euros en 80 tarxetas prepago.
A Lei 2/2019 de Reforzo de actuacións prioritarias, aprobada esta semana no Parlamento, permitirá que Galicia poida empezar a utilizar xa o superávit contable de 2018, un total de 125 millóns de euros, para reforzar o gasto social en Sanidade, Ensino e Servizos Sociais públicos. A través desta lei autorízase un suplemento que permitirá empregar o superávit sen penalizar o cumprimento das regras fiscais. “No que atinxe ao destino dos créditos suplementados, a maior parte das actuacións afectan políticas de gasto social, que se complementan cun financiamento adicional para infraestruturas forestais preventivas”, establece o texto da lei.
A contratación tamén continúa en aumento, mentres que no Estado baixa, e, ademais, o paro baixa nos colectivos prioritarios para a Xunta. O desemprego descende, así, entre os menores de 30 anos (-9,52%), nas mulleres (-7,73%) e nos parados de longa duración (-14,48%), o que supón que 3 de cada 4 persoas que saíron do paro no último ano pertencían a este colectivo. O paro tamén caeu nas catro provincias galegas, nas sete grandes cidades e en todos os sectores de actividade, liderando o descenso a construción (-19%) e a industria (-9,12%), ambos por riba da media xeral de Galicia (-8,81%), seguidos da agricultura e a pesca (-8,17% e os servizos (-7,31%). En canto ás provincias, lidera a caída do paro Lugo (-10,85%), seguida da Coruña (-9,44%), Pontevedra (-8,65%) e Ourense (-5,34%).
Esta mañá tivo lugar en Santiago de Compostela o acto de presentación de “NÓS, AS MULLERES”, a Asociación de Mulleres de Cooperativas Agroalimentarias de Galicia, que congregou a decenas de cooperativistas entre socias e membros de consellos reitores ou xerentes. A Asociación nace nun contexto social no que, se ben o 45% de persoas socias de cooperativas agroalimentarias en Galicia son mulleres (sobre un total de arredor de 27.800 persoas socias), os órganos de administración destas entidades contan só cun 22% de participación feminina, segundo datos do ano 2017 do Observatorio Socioeconómico doCooperativismo Agroalimentario Español, que contabiliza os datos de entidades asociadas a AGACA.
As estradas de titularidade autonómica rexistraron en 2018 unha intensidade media diaria de 3.097 vehículos, un 2,2 % máis que no exercicio anterior. Así o expón a Memoria de Tráfico que elabora anualmente a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e que se publicará nos vindeiros días. A intensidade media diaria (IMD) de vehículos superou ao valor autonómico nas vías das provincias de Pontevedra, con 4.408 vehículos ao día, e da Coruña, con 4.288. Por debaixo da IMD galega atópase o tráfico nas estradas de Ourense, con 1.642 vehículos ao día, e o de Lugo, con 1.582. Do tráfico rexistrado polas estacións de aforo durante o 2018, o 7,5 % correspondeuse con vehículos pesados, un valor similar ao ano pasado.
O Consello da Xunta aprobou o anteproxecto de Lei de reforzo de actuacións prioritarias que permitirá utilizar o 100% do superávit contable de 2018, 125 millóns de euros, para reforzar o gasto social en Sanidade, Educación e Servizos Sociais públicos. Trátase dunha ferramenta alternativa, legal e que se pode aprobar sen necesidade de autorización do Goberno central, que servirá para que Galicia dispoña dunha capacidade de gasto adicional de 130 millóns de euros. Autorízase así un suplemento de crédito para adiantar actuacións prioritarias nos servizos públicos e reforzar a atención primaria no Sergas, empregando o superávit sen penalizar o cumprimento das regras fiscais para este ano.
O último informe sobre ‘Prazos de pago a provedores e débeda comercial das Comunidades Autónomas’, publicado hoxe polo Ministerio de Facenda con datos referentes ao mes de febreiro, sitúa a Galicia como a comunidade autónoma con menor débeda comercial de España e a terceira comunidade que paga en menor tempo as súas facturas. Os datos oficiais da Administración do Estado mostran que o período medio de pago de Galicia mantívose case sete días por debaixo do límite que establece a normativa estatal, que é de 30 días. Ademais, a media autonómica situouse en 35,3 días, 12,2 máis que a media rexistrada na Comunidade galega.
Froito da actividade relacionada cos itinerarios xacobeos, Galicia conta hoxe cunha importante industria turística que supón o 10,4% do noso Produto Interior Bruto e ao redor do 11% dos postos de traballo. Nesta liña, estudos de diversas entidades públicas e privadas, estiman que o PIB de Galicia pode crecer entre cinco e seis décimas durante un ano Xacobeo, e consolidarse un crecemento de 1,5 décimas para os anos posteriores. Estes mesmos estudos reflexan que o número de turistas que visitan a nosa Comunidade tende a incrementarse en máis de un millón, dos cales a metade consolidaríanse permanentemente nos anos posteriores.
A nova edición do Galicia Emprende contará cunha achega de 9 millóns de euros, un 28% máis que na pasada edición, para apoiar 200 proxectos de autónomos e emprendedores, que mobilizarán investimentos por valor de 24 millóns de euros e cunha previsión de creación ou mantemento de 700 postos de traballo. Este plan ten como obxectivo favorecer a creación de novas empresas e consolidar proxectos que leven menos de 42 meses funcionando. Ademáis inclúe unha serie de ferramentas para as empresas, como son a plataforma StartIN Galicia, que ofrece un apoio integral a todos os proxectos que nadas das incubadoras, os préstamos directos da liña de Instrumentos Financeiros Innovadores e os préstamos participativos ou capital risco.
Galicia é a terceira comunidade na que máis baixou o paro en marzo con respecto a hai un ano superando, ademais, a media de caída de desemprego rexistrada no Estado, con case tres puntos de diferencia. Así, a Comunidade galega rexistrou no mes de marzo unha baixada do paro do -7,70% fronte ao -4,89% de España. En Galicia, polo tanto, hai 14.262 desempregados menos que hai un ano, polo que o número de parados sitúa á Comunidade en niveis moi inferiores aos de hai unha década. O paro, polo tanto, continúa caendo, case 5 anos e medio de xeito consecutivo. O desemprego tamén descende na evolución mensual, nun 1,65% (-2.868 persoas).
| 59,3  de  386 | Siguiente »

Notas economia

Núñez Feijóo asegura que a Xunta ten actuado en todas as frontes nos últimos anos para mellorar o atractivo turístico de Galicia, coa ordenación do territorio, na promoción e comercialización, na mellora na xestión e na lexislación e destaca que Galicia é foi a primeira "que puxo en marcha o Plan de Formación para a Excelencia Turística”.
Este organismo garante que as intervencións dos fondos sexan coherentes coas prioridades da Xunta e da UE e complementen as políticas de desenvolvemento económico e social de Galicia. Tamén coordinará e velará polo cumprimento das obrigas en información e publicidade dos plans de Comunicación do FEDER e do FSE.
Tralo anuncio da CRTVG da extinción dos contratos de 93 traballadores como resultado do proceso selectivo na compañía, o Colexio de Xornalistas lamenta a perda de postos de traballo e expresa a súa preocupación porque esta medida supoña a redución do cadro de persoal dos medios públicos galegos e o deterioro da calidade do seu servizo informativo.
Galicia conta ca metade das explotacións gandeiras de leite ecolóxica de España e é tamén a comunidade lider na producción de avicultura ecolóxica. No ano 2011, o valor de mercado dos produtos certificados polo Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA) incrementouse nun 28%.
Arranca unha campaña de identificación e promoción do bonito do norte galego que combina valores nutricionais para o consumidor e económicos para o sector. Preséntanse as etiquetas identificadoras e o material promocional da nova edición de “Faino Bonito” no porto de Burela, que achega o maior volume de capturas.
Segundo os datos da Enquisa do INE “Uso de TIC e comercio electrónico 2011/2012, analizados polo Osimga, as empresas galegas de máis de 10 empregados superan a media estatal de dispoñibilidade de ordenador, conexión a internet, telefonía móbil e correo electrónico.
O titular da Xunta presidiu o acto de apertura do congreso sobre Smart Cooperation. “Pese aos momentos difíciles que vivimos, as rexións europeas seguimos sen ter medo a coñecernos máis e profundar máis na cooperación”, dixo Feijóo.
Inditex amplía as súas instalacións centrais do polígono de Arteixo, na Coruña, investindo máis de 100 millóns de euros e creando 400 novos postos de traballo. A firma de moda galega salienta o seu compromiso da comunidade co traballo, coa calidade e coa internacionalización da economía galega.
A Xunta salienta que o compromiso de Pemex para construir 14 remolcadores nos estaleiros galegos é firme e salienta que as informacións xurdidas en México corresponden a un concurso internacional convocado por unha filial de Pemex.
A conselleira de Facenda clausurou en Santiago o Comité de Seguimento do Fondo Social Europeo Galicia 2007-2013. Salientou que Galicia recibirá máis de 900 millóns de euros de axudas comunitarias a través do FSE.


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES